Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu entregou os premios do certame #BUEUTENPREMIO de dinamización...

O concello de Bueu entregou os premios do certame #BUEUTENPREMIO de dinamización do Nadal nas redes sociais

- Anuncio -

• O concurso premiou a @federatos e @colexiovirxemil polos vídeos publicados arredor da decoración de Nadal

• O concurso estivo activo do 10 ao 8 de xaneiro nas redes sociais Instagram e TikTok

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, entregou este martes as tarxetas regalo ás persoas gañadoras do I Certame #BueuTenPremio, que organizou o Concello de Bueu durante o Nadal coa colaboración da Federación de Comerciantes Industriais do Morrazo (FECIMO) e da Asociación Veciñal da Banda do Río. As propostas gañadoras foron as @federatos e @colexiovirxemil, quen participaron no concurso coa publicación duns vídeos no TikTok nos cales abordaron a súa visión sobre os espazos públicos en relación co Nadal.

Os obxectivos do certame eran a promoción e fomento do consumo nos establecementos locais a través das redes sociais, por ser unha forma dinámica de poder chegar o maior número de públicos posibles, e axudar aos comercios e establecementos da vila a integrarse e coñecer os beneficios da era dixital. As persoas gañadoras fixéronse cunha tarxeta para consumir no comercio local por importe de 100 €.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas