HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu felicita ao Club Corredoiras polos éxitos deportivos na...

O concello de Bueu felicita ao Club Corredoiras polos éxitos deportivos na Cachiza

- Anuncio -spot_img
  • O salón de plenos acolleu este luns un recibimento no que se celebraron os bos resultados do colectivo bueués na final da Liga Galega de Billarda

O Concello de Bueu recibiu este luns pola tarde ao Club de Atletismo Corredoiras, concretamente aos equipos da cachiza que acadaron éxitos deportivos na final da Liga Galega de Billarda. Concretamente, o equipo feminino acadou o 2º posto, mentres que o absoluto se fixo co 3º, e Begoña Ríos Pena proclamouse campioa galega.

Félix Juncal, alcalde da vila, salientou que “as persoas deportistas sempre nos enchedes de orgullo, e para nós é un pracer compartir este momento con vós”. O rexedor fixo fincapé no traballo do club bueués, que ano a ano incrementa a inclusión de persoas mozas e maiores e tamén de mulleres que medran en todos os eidos deportivos e conseguen éxitos. O club leva moito tempo traballando na organización de competicións de billarda, ou cachiza como se coñece na zona, e froito dese esforzo hai cinco anos que esta disciplina xa existe como deporte na Liga Galega de Billarda.

Os concelleiros e concelleiras da corporación fixéronlles entrega aos e ás deportistas dunhas medallas en lembranza deste día e dos éxitos acadados.

Publicacións Relacionadas