Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organiza o xogo "cita co libro" e outras...

O concello de Bueu organiza o xogo “cita co libro” e outras actividades para celebrar o Día das Bibliotecas

- Anuncio -

• Tamén está programada unha charla co arquiveiro municipal e exposicións sobre libros metaliterarios para infantil / xuvenil e persoas adultas

A concellaría de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, que dirixe o concelleiro nacionalista Alberto Moital, presenta unha campaña especial polo Día das Bibliotecas que se celebra o próximo domingo, 24 de outubro. ‘Cita co libro’ será, pois, A actividade novidosa de cara á celebración dun dos días máis fermosos e especiais para a comunidade lectora. Así na Biblioteca Torrente Ballester preparase un xogo para os usuarios e usuarias que consiste en adiviñar que libro se agocha nunha serie de caixas, coa axuda de varias pistas. Segundo avanzan os servizos bibliotecarios, no andar primeiro dispoñeranse dúas caixas para a participación dos nenos e nenas ata 12 anos, e outras tantas para as persoas máis mozas, concretamente na franxa de idade dos 12 aos 16 anos. Cada participante na iniciativa, que estará activa dende o 21 ata o 29 de outubro, recibirá un agasallo en forma de libro, de entre os que destacan algunhas novidades de Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, Matilde de Eva Mejuto, libro gañador do XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares do Concello de Bueu, e outras propostas para público máis miúdo, como Bueu, gozosos anos 30, de Polo Correo do Vento, ou Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno.

Ademais, nesta mesma biblioteca central organizaranse dúas mostras bibliográficas nas que se recollerán libros metaliterarios, é dicir, aqueles que conteñen historias nas que o libro, a lectura, as librarías ou as bibliotecas teñen un papel protagonista. Neste caso, ao igual que na “Cita co libro” haberá dúas seccións diferenciadas: unha na que se recollerán títulos de literatura infantil e xuvenil (LIX) e outra para persoas adultas.

Alberto Moital salienta que “é importante que dinamicemos as bibliotecas como lugares de encontro e de lecer”. Por iso, e a instancias da bibliotecaria do CEIP Montemogos, está previsto que Belarmino Barreiro, arquiveiro municipal, imparta este venres unha charla sobre a historia da biblioteca de Beluso ao alumnado do colexio desta parroquia, quen tamén terán a posibilidade de coñecer as instalacións de preto. Nesta liña de achegamento das bibliotecas á cidadanía, nas redes sociais do Concello publicarase un pequeno vídeo demostración sobre como buscar títulos no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia. A intención é “difundir unha serie de vídeos ao longo dos próximos meses co obxectivo de que a veciñanza coñeza as diferentes ferramentas e metabuscadores cos que mergullarse dende o seu propio sofá nos máis de 50.000 títulos diferentes cos que contamos na rede de Bibliotecas de Bueu”, remarca Moital.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas