Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organiza unha exposición dos traballos gañadores do Concurso...

O concello de Bueu organiza unha exposición dos traballos gañadores do Concurso de Ideas da Banda do Río

- Anuncio -

• A mostra, que conta coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia, poderase visitar ata o 14 de febreiro na Sala Amalia Domínguez Búa en horario de 10.00 a 20.00 horas


• O próximo venres, 7 de febreiro, terá lugar ás 20 horas unha charla – coloquio coas arquitectas María Fandiño e Miriam García, autoras da proposta gañadora “Banda da Ribeira”
A Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa acolle dende esta semana unha exposición dos cinco traballos gañadores do Concurso de Ideas da Banda do Río, que se poderá ver ata o 14 de febreiro en horario de 10.00 a 20.00 horas. Esta mostra foi organizada polo Concello de Bueu en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia para dar a coñecer as propostas para este barrio a toda a veciñanza. Así mesmo, o vindeiro 7 de febreiro, organizarase ás 20 horas un acto no Centro Social do Mar no que as arquitectas María Fandiño e Miriam García, autoras da proposta gañadora “Bandas da Ribeira” explicarán as súas ideas para a mellora integral deste barrio mariñeiro, polo que se convida a toda a cidadanía interesada a asistir e a coñecer de primeira man a proposta.
Ao certame, convocado a comezos do pasado ano, concorreron dezasete traballos, de entre os que o xurado elixiu cinco gañadores, que son os que agora se poden ver nesta mostra. Concretamente serán “Bandas da ribeira”, de María Fandiño e Miriam García; “Praia, Barrio, Braña”, dos arquitectos composteláns Miguel Silva Barral e Manuel Lajos Couselo; “Banda Batente”, do estudo coruñés Costas Pedrós Arquitectos SLP, con Roberto Costas Pérez, Óscar Pedrós Fernández e Fernando Fernández Paéz; “Litoralia”, dos madrileños Eduardo Roig Segovia e Nieves Mestre Martínez; e “Convergencia de paisajes”, dos barceloneses Narcís Font Juan, Juan José Vargas Castillo, Johana Martínez Pineda e Germán Paipa Camargo.
O concurso de ideas supuxo un paso importante para o Concello, pois a través del e de todo o proceso previo anterior recolléronse as múltiples sensibilidades do barrio, tal e como foran acordadas hai anos nas diversas mesas de seguimento coas partes implicadas, é dicir, a Plataforma Veciñal da Banda do Río e a Asociación Veciñal da Banda do Río.
O concurso foi posible grazas a un convenio asinado co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e nel participaron equipos compostos por profesionais con competencias na materia de ordenación urbanística e medioambiental. O ámbito de localización comprende o cuadrilátero delimitado polas rúas Johan Carballeira, ata Can do Penedo, incluíndo ambos os lados da Avda Montero Ríos e da rúa Pazos Fontenla, cunha superficie aproximada de 61.500 metros cadrados. Precisamente os proxectos que finalmente se desenvolvan a partir destas propostas seleccionadas deberán cumprir rigorosamente coa normativa vixente e os estándares técnicos aplicables en cada caso, co fin de que teñan un impacto positivo e sostible nas comunidades e no territorio.

Relacionadas

Jacobo Pérez pasa revista ás xestións feitas no seu primeiro mes de mandato e...

0
∙ Ademais de consolidar canles de comunicación directa coa veciñanza, o alcalde salienta actuacións como a dotación dun novo local para o Fogar de...

Éxito na primeira fin de semana do Ciclo Cine de Inverno en Savaterra de...

0
Esta pasada fin de semana deu comezo a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño. O sábado...

A praza da Peregrina volve lucir coa nova iluminación led

0
A Concellaría que dirixe Xaquín Moreda rematou nesta semana as probas da instalación da nova iluminación. Cun orzamento de case 17.000 euros o Concello instalou...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na entrega de premios do Campionato Galego Alevín de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de entrega de medallas e trofeos do Campionato Galego Alevín de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cerdedo-Cotobade para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación celebra esta semana as primeiras das visitas guiadas temáticas polos xardíns...

0
Os percorridos inclúense dentro da programación que a institución provincial puxo en marcha para descubrir a camelia, que inclúe obradoiros, contacontos, un street escape...

Publicacións Relacionadas