Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu pon un autobús gratuíto para que a cidadanía...

O concello de Bueu pon un autobús gratuíto para que a cidadanía poida asistir á manifestación pola Sanidade Pública

- Anuncio -

• As persoas que desexen asistir á manifestación do 12 de febreiro deberán inscribirse no 2º andar do Concello ou a través do teléfono 673256450

• Os grupos do goberno de BNG e ACB levarán ao pleno unha proposta para instar á Xunta de Galicia a que garanta o dereito á saúde a toda a poboación

Tal e como vén sendo habitual, o Concello de Bueu apoiará a concentración en defensa da sanidade pública convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública o próximo 12 de febreiro en Compostela, e por iso poñerá un autobús gratuíto para que a cidadanía bueuesa que o desexe poida asistir. As persoas interesadas poderán inscribirse no 2º andar do Concello de Bueu ou ben a través do teléfono 673256450 (tamén vía whatsapp).

Os grupos de goberno do BNG e ACB levarán ao próximo pleno unha moción de defensa da sanidade que se acordou despois da reunión mantida no Concello de Pontevedra e á que asistiron representantes dos municipios afectados da área sanitaria Pontevedra – O Salnés.
O Concello de Bueu continúa a defender a sanidade pública e o dereito de todas as persoas a seren atendidas nos seus propios centros de saúde. O alcalde Félix Juncal salienta que “mostramos preocupación ante o que está acontecendo coa sanidade, unha problemática baixo a que subxace un cambio de modelo sanitario e a privatización dos recursos”. Así, no Centro de Saúde de Bueu detectáronse nos últimos meses diversas incidencias, pois no servizo de urxencias non se cobren as baixas ou vacacións ou ben desprázanse aos seus facultativos a outros centros de saúde da área sanitaria. O rexedor bueués reivindica a defensa de políticas que garantan a igualdade entre as persoas e que non se privaticen os recursos.

O goberno anima a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo 12 de febreiro xa que “a nivel social debemos mobilizarnos e reclamar os dereitos que nos corresponden e que tanto loitamos por conseguir”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas