- O salón de plenos acolleu este luns un recibimento cos bueueses que axudaron á Federación Española de Actividades Subactuáticas a conseguir este galardón
O Concello de Bueu recibiu este luns pola tarde a Antonio «Toni» Otero Núñez e Elías Villar Menduíña, integrantes da Federación Española de Actividades Subacuáticas coa que gañaron o Campionato Mundial de Pesca Submarina celebrado en Brasil. No acto, que tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, estiveron presentes o alcalde de Bueu e concelleiros e concelleiras da corporación municipal.
Félix Juncal, alcalde da vila, salientou que “as persoas deportistas sempre nos enchedes de orgullo, sobre todo porque sodes un reflexo do noso deporte a nivel local e neste caso supón toda unha honra que levedes o nome de Bueu a toda unha federación española”.
Antonio Otero e Elías Villar foron convocados por primeira vez para este campionato, que se celebrou na localidade de Sao Francisco do Sul, no estado de Santa Catarina, do 26 ao 29 de novembro. Concretamente estiveron coa selección dende o 12 do mes pasado
Os concelleiros e concelleiras da corporación fixéronlles entrega aos dous veciños dunhas placas e bandeiras de Bueu en lembranza deste día e dos éxitos acadados.



