HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu recibiu ao Club Deportivo Bueu polos éxitos deportivos...

O concello de Bueu recibiu ao Club Deportivo Bueu polos éxitos deportivos desta tempada

- Anuncio -spot_img
  • Félix Juncal, alcalde da vila, felicitou aos deportistas polos “éxitos deportivos deste ano, que nos deixaron unha sensación agridoce dese momento tan intenso que vivistes hai uns días”
  • O equipo sénior bueués estivo a piques de ascender á Primeira Futgal

O Concello de Bueu organizou este mércores pola tarde un recibimento ao equipo sénior do Club Deportivo Bueu para darlle os parabéns polos éxitos deportivos da tempada 2024/2025, pois estivo a piques de ascender á Primeira Futgal. Nel participaron Félix Juncal, alcalde da vila, e diversos concelleiros e concelleiras da corporación municipal.

O rexedor felicitou ao club e aos deportistas polos “éxitos deportivos deste ano, que nos deixaron unha sensación agridoce dese momento tan intenso que vivistes hai uns días”. Juncal cualificou o deporte como “ilusión, éxitos e pequenas decepcións, pero sempre temos que volver rearmarnos e competir”. E no  se esqueceu de louvar o gran traballo do club que “está dándolle estabilidade e continuidade a un gran proxecto cunha especial aposta pola canteira”, e avanzou que o goberno local está traballando na mellora das instalacións do campo de fútbol así como dos accesos. No acto tamén interveu Geno del Río, presidente do club, quen puxo o foco en que “o máis importante é a familia que facemos, e pouco a pouco seguimos crecendo”.

A continuación, os concelleiros e concelleiras da corporación, ademais de representantes do club, fixéronlles entrega ás deportistas dunhas medallas en lembranza deste día e dos éxitos acadados.

O equipo do Bueu homenaxeado está integrado por Marcos Iglesias Portela. Christian Nerga Barreiro, Borja Casal Piñeiro, Sergio Piñeiro Garrido, Daniel Reguera Santaclara, Daniel Martínez Fernández, Manuel Durán Freire, Tomás Pérez Loveira, Pedro Leal Fernández, Francisco José Graña Lobeira, Aridane Moreira Sampedro, Miguel Moledo Costa, Martín Santos López, Pablo Abal Molanes, Adrián Ortube Curras, Adrián Baqueiro Bernárdez, Marcos González Otero, Darío Martínez Santomé, Alejandro Moledo Riveiro, Alejandro Pérez Piñeiro, Jorge Paredes Costa, Eloy Eidon Loira, Raúl Loira Portabales, Lucas Iglesias Portela, Teo Santomé González, e como adestradores Jesús Parcero Ríos e Jesús Parcero Ríos.

Publicacións Relacionadas