Dende o Concello de Bueu, e seguindo as instrucións da FEGAMP e da FEMP, recoméndase á cidadanía facer doazóns económicas dado que os responsables do CECOPI informan de que están saturados e teñen problemas de loxística e almacenamento. O número de conta da Generalitat Valenciana a través do que facer doazóns é ES94 0081 0693 61 0002423445. A maiores tamén se habilitaron algúns da Cruz Vermella.
Trátase de números de conta que nos facilitan dende organismos oficiais, e que polo tanto son fiables.
Priorízanse, pois, as doazóns económicas. Con todo, dende o Concello de Bueu habilitarase un centro de recollida de certos materiais de emerxencias e EPIS, que son os que precisan nas zonas afectadas. Este centro será o IES Johan Carballeira en horario de luns a xoves, de 9.00 a 14.30 h, e de 16.00 a 22.30 horas; e os venres, de 9.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Só se recollerán materiais de medios de achique, de mobilización, de arrastre e carga para o transporte, de limpeza, de xeneración eléctrica, rescate acuático ou visualización. Seguiremos ampliando a información tan pronto nola vaian trasladando de organismos oficiais.