HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis acomete a mellora da cuberta do...

O concello de Caldas de Reis acomete a mellora da cuberta do local social de Bemil e proxecta máis arranxos no seu interior de cara a 2026

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que o inmoble, de titularidade municipal e utilizado de xeito habitual pola Comunidade de Montes, abriu as súas portas hai máis de 30 anos

Nos últimos anos as dependencias tamén acollen, na planta superior, clases de instrumentos de música tradicional

O Concello de Caldas de Reis vén de acometer unha serie de traballos de mellora no Local Social da parroquia de Santa María de Bemil. Trátase dunhas dependencias que utiliza de xeito habitual a Comunidade de Montes, ademais doutros colectivos de maneira máis recente. Tal e como adianta o alcalde, Jacobo Pérez, ás actuacións levadas a cabo recentemente sumaranse máis arranxos ao longo de 2026, de maneira que as dependencias permitan seguir ofrecendo todas as garantías para ser punto de encontro do tecido asociativo local.

Pérez Gulín explicou que a Administración municipal investiu uns 4.000 euros proximadamente nas obras que se desenvolveron na cuberta do inmbole. Estes traballos foron levados a cabo con obxectivo de poñer fin ás filtracións de auga e pingueiras que se detectaron e que provocaban problemas de humidade en época de chuvias. De cara ao ano que está a piques de comezar, o Concello de Caldas de Reis tamén proxectará actuacións no interior do local, que é de titularidade municipal. “Son arranxos necesarios, tendo en conta que estamos a falar dun inmoble que foi construido hai máis de 30 anos e que é utilizado de maneira habitual pola Comunidade de Montes de Bemil”, indicou. Ademais, cómpre lembrar que desde 2021 na primeira planta tamén se desenvolven clases de instrumentos de escola de música tradicional, a cargo doutra asociación local. Pola súa banda, os comuneiros organizan reunións e asembleas na planta baixa e contan tamén cun despacho para xestións.

Jacobo Pérez pasou revista estes días ao inmoble e garantiu que “desde o Goberno local imos continuar traballando para que as instalacións de titularidade municipal estean nas mellores condiciones, de xeito que poidan continuar acollendo as actividades dun texido tan activo como é o social en Caldas de Reis”, concluíu o alcalde.

Publicacións Relacionadas