HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis activa a súa participación no programa...

O concello de Caldas de Reis activa a súa participación no programa de mobilización de vivenda en aluger

- Anuncio -spot_img

A capital do Umia é o sexto municipio da provincia con maior presión de demanda de vivenda pública

O Goberno local presentou a súa solicitude para actuar como concello colaborador na implementación do programa Fogar Vivo

En continuidade co labor de información e asesoramento que desde o ano 2017 vense facendo desde a oficina do ARI , o Concello de Caldas de Reis reforza o papel deste servizo ofrecendo información do programa implementado recentemente pola Xunta de Galicia para mobilización de vivenda en réxime de aluguer. Por un lado, informará ás persoas propietarias sobre as condicións do Programa Fogar Vivo, que contempla axudas para a rehabilitación das vivendas que se incorporen ó mercado de aluguer, seguros ó impago e bonificacións fiscais; por outro, tamén levará a cabo a elaboraciónd un rexistro das familias demandantes de vivenda do concello, que actualmente se achegan ás 80.

Refórzase, deste xeito, o papel da oficina do ARI caldense, que nestes últimos anos vén de xestionar preto de 500.000 euros (400.000 do Estado e 100.000 da Xunta de Galicia) en axudas para as persoas propietarias de vivendas do Casco Histórico de Caldas, chegando a unhas 100 actuacións e con axudas de ata 24.000 euros por vivenda; pero tamén dos preto de 260.000 euros en axudas á rehabilitación de vivendas vencelladas ó ARI do Camiño de Santiago e que beneficiaron a máis de 40 familias do concello.

No momento que se conforme a comisión de seguimento e coordinación coa Xunta de Galicia deste Programa Fogar Vivo e se coñeza o contido definitivo do novo Plan Estatal de Vivenda o Concello prevé realizar unha charla informativa sobre o Programa, así como a difusión do resto de axudas e recursos que teñan que ver co acceso a vivendas, rehabilitación ou compra previstas para o ano 2026.

O Concello de Caldas de Reis vén de consolidarse como o máis estable de toda a comarca do Umia. Este equilibro fronte a outras vilas da contorna queda reflectido no dato de ser o 6º municipio da provincia de Pontevedra con maior presión de demanda de vivenda en proporción á súa poboación, por diante de concellos como Cangas do Morrazo, Marín, Ponteareas ou Redondela, que duplican e incluso triplican a poboación da vila caldense. Esta condición especial fai que o Concello traballe actualmente en diversas accións que permitan a posta a disposición de máis vivendas no concello que permita o acceso as mesmas das familias máis vulnerables da vila.

Publicacións Relacionadas