HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis adxudica o servizo de poda de...

O concello de Caldas de Reis adxudica o servizo de poda de arborado e mantemento de espazos verdes por 33.000 euros

- Anuncio -spot_img

O contrato contempla labores de mantemento, reposición e plantación de especies de temporada, apeo de árbores e fertilización, entre outras tarefas, cunha duración dun ano, prorrogable ata un máximo de catro anualidades máis

O alcalde, Jacobo Pérez, recorda que mentres non se completou a licitación impulsouse un contrato menor para que o municipio lucise en todo momento “como merece”

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do contrato para garantir o servizo de poda de arborado, xardinería e coidado de zonas verdes. A empresa especializada Troquiño será a encargada de asumir estes labores, ao presentar a mellor das tres ofertas que concurriron no concurso de licitación. O orzamento total ascende a 33.000 euros, IVE engadido. Tal e como consta nos pregos da contratación, a duración do contrato é de un ano, prorrogable polo mesmo período, ata un máximo de catro anualidades máis.

O alcalde caldense, Jacobo Pérez, recorda que o mantemento de espacios e zonas verdes é unha das prioridades marcadas desde a súa chegada á Alcaldía en decembro do ano pasado. A pesares de que esta licitación prolongouse durante varios meses por cuestións administrativas, o Concello de Caldas de Reis garantiu o mantemento e a posta a punto das súas zonas verdes a través dun contrato temporal menor. “Temos moi claro que o concello debe lucir o seu mellor aspecto durante todo o ano e niso traballos, máxime cando moitas destas zonas nas que vai actuar a adxudicataria son lugares emblemáticos e puntos de encontro habituais para a nosa veciñanza”, apuntou Pérez Gulín. Tal e como consta na memoria técnica, os traballos levaranse a cabo atendendo a criterios de responsabilidade ambiental, con técnicas que garantan a perdurabilidade dos elementos naturais, de xeito que se consoliden no tempo, contrubuíndo, deste xeito, ao embelecemento e mellora do valor botánico e ornamental dos espazos verdes.

En concreto, os labores centraranse en tarefas de conservación, manetemento, mellora e limpeza. Ademais, o prego de condicións inclúe tamén traballos de urxencia, polo que a adxudicataria deberá achegar unha cuadriña específica para actuacións rápidas, que se levarán a cabo para resolver incidencias puntuais, como caídas de pólas ou restos de árbores. O contrato contempla asistencia técnica para prever posibles situacións que poñan en risco o estado dos elementos e a seguridade das persoas. Poas, reposición de plantas, fertilización, plantación de especies de tempada, limpeza ou o apeo de árbores son algunhas das tarefas especificadas.

Que Caldas de Reis “luza como merece” forma parte da filosofía do Goberno local, que no que vai de ano xa impulsou outras accións encamiñadas a manter o municipio, tanto no núcleo urbano como no rural, nas mellores condicións. A este contrato hai que engadir o investimento de 90.000 euros realizado para garantir a conservación e bo estado de pistas e camiños nas parroquias. “Son traballos que sacamos a licitación ao non dispoñer de persoal municipal suficiente para abarcar todo o termo municipal. Actuamos para garantir unha mellor calidade de vida para a nosa veciñanza e así continuaremos”, garantiu Jacobo Pérez.

Publicacións Relacionadas