HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis pon a punto as rúas do...

O concello de Caldas de Reis pon a punto as rúas do casco urbano

- Anuncio -spot_img

O departamento de Obras e Servizo acomete a limpeza e mantemento de beirarrúas

O Concello de Caldas de Reis está a acometer estes días unha nova quenda de traballos de limpeza e baldeo en diferentes áreas do núcleo da vila. Os operarios municipais procederon esta semana á limpeza das beirrarúas nun tramo da EP4008, a estrada que une a localidade caldense con Portas. Para a realización destas tarefas de mantemento foi necesario limitar o estacionamento entre o pasado martes e hoxe xoves, xornada na que finalizou a actuación.

O alcalde, Jacobo Pérez, explica que se continuará con todas estas actuacións ao longo dos vindeiros días, se ben estarán condicionadas polas condicións meteorolóxicas. “Seguiremos traballando rúa por rúa”, asegurou, dando continuidade así a unha liña de actuación que se consolidou ao longo do actual mandato, para ter o casco urbano nas mellores condicións. Unha das zonas nas que se levarán a cabo estas tarefas de limpeza próximamente será na contorna da Tafona. Durante o desenvolvemento dos traballos non se poderá estacionar, algo que será anunciado coa debida antelación, tal e xa se está a facer nos lugares nos que se actuou.

Por outra banda, Jacobo Pérez tamén agradeceu os traballos que están levando a cabo desde o Ministerio de Fomento para a posta a punto e limpeza de beirarrúas en Santa María e Carracedo, dando así resposta a unha solicitude realizada polo Concello. O alcalde sinalou, asemade, que a vindeira semana desenvolveranse unhas obras na contorna da Escola Infantil, que obrigará a realizar cambios no acceso de xeito temporal.

Publicacións Relacionadas