HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis prevé estrear o novo Fogar do...

O concello de Caldas de Reis prevé estrear o novo Fogar do Maior co inicio dos cursos 2025-2026, unha vez rematado o verán

- Anuncio -spot_img

As obras de posta a punto do local, que conta cunha superficie próxima aos 900 metros cadrados e que está situado no Camiño Sarnadela, avanzan a bo ritmo

Actualmente desde o departamento municipal estase a impulsar o proxecto ‘Ecos de Caldas’, que busca manter viva a tradición oral, a través de achegas da veciñanza sobre cantigas, refráns ou expresións

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, e a concelleira de Benestar Social e do Maior, Carmen Torres, visitaron as instalacións do novo local do Fogar do Maior, que abrirá as súas portas unha vez rematado o verán, coicidindo co inicio da nova tempada de cursos. Así o anunciou Pérez Gulín, que lembrou que a dotación destas instalacións é un dos proxectos de máxima prioridade para o Goberno local e que supón un paso máis á hora de garantir unha maior calidade de vida para os veciños e veciñas da terceira idade de Caldas. Desde o departamento de Benestar Social desenvólvense cada ano un gran número de actividades e iniciativas dirixidas a este sector da poboación, que supoñen grandes beneficios, xa que “a través delas trabállase a memoria, os hábitos saudables e se fomentan valores como o compañeirismo”, sinala o rexedor.

O futuro Fogar do Maior emprazarase no Camiño Sarnadela, nun local que consta duns 900 metros cadrados aproximadamente e que se atopa nun lugar céntrico, con espazos para estacionar nas proximidades. Os traballos de posta a punto avanzan a bo ritmo e actualmente céntranse na dotación de novos aseos para estas dependencias. Posteriormente, procederase á instalación de mobiliario.
“Son unhas instalacións axeitadas que contan con espazo suficiente para a organización de actividades de todo tipo, dun xeito cómodo e práctico, que sen dúbida redundará na calidade de vida dos usuarios e usuarias”, augurou Jacobo Pérez.


‘Ecos de Caldas’

Un dos proxectos nos que está a traballar actualmente o Fogar do Maior é ‘Ecos de Caldas’, unha iniciativa que busca implicar ás persoas maiores na recuperación, dixitalización e arquivo de cantigas, refráns e expresións propias da tradición oral. Os martes e os xoves, en horario de mañá, as persoas que queiran achegar os seus coñecementos poden facelo no propio Fogar do maior ou ben chamando aos teléfonos numerosas persoas, especialmente mulleres, á hora de achegar estes coñecementos, que se conservarán e que se pretenden difundir para manter viva a tradición e a historia da vila, dándoa a coñecer entre as novas xeracións.

Ademais, desde o departamento de Benestar Social lémbrase que hoxe mércores, ás 19.30 horas, terá lugar un taller sobre intelixencia emocional, no Salón de Plenos. A maiores, tamén se está a traballar na organización da tradicional festa de fin de curso, que será o venres 20 de xuño no Centro Comarcal da Tafona, ás 20.00 horas, e que incluirá unha entrega de diplomas, merenda e unha actuación musical.

Publicacións Relacionadas