HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis prevé para o mes de abril...

O concello de Caldas de Reis prevé para o mes de abril a incorporación das persoas contratadas de xeito temporal a través do programa +Provincia

- Anuncio -spot_img
  • Nos vindeiros días darán comezo as probas do devandito proceso selectivo, do que sairán os e as aspirantes ás sete prazas convocadas, cun investimento total que supera os 150.000 euros
  • A duración dos contratos será de 10 meses para as persoas que superen as probas de selección, ás que se presentarán arredor de 30 aspirantes
  • O Concello de Caldas de Reis comezará nos vindeiros días o proceso selectivo para o reforzó do seu persoal municipal, a través da Liña 3 do Programa +Provincia da Deputación de Pontevedra. O investimento ascende a un total de 152.219,03 euros, que irá destinado á contratación temporal, por un período de dez meses, dun total de sete persoas. A intención do Goberno local é que estas incorporacións xa estean traballando a partires do mes de abril.
    Concello de Caldas de Reis Rúa Ferreira, 1
    alcaldia@caldasdereis.gal Tel. 986540110

NOTA DE PRENSA

A xestión permitirá á Administración municipal contar cun maior número efectivos nas áreas de Obras e de Xesión de Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Os contratos serán de 30 horas semanais, cunha duración de dez meses. Poderán acceder a estes postos persoas que se atopen inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. En total, serán unhas 30 aproximadamente as persoas que formarán parte no proceso selectivo.
Tal e como se establecen nas bases de contratación, ademais dunha proba práctica, teranse tamén outros factores á hora de establecer as puntuacións definitivas. Terán preferencia aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego de longa duración, así como aquelas mulleres e mozos e mozas con baixa cualificación. Tamén terán máis posibilidades de acceso a estes contratos temporais persoas maiores de 45 anos ou aquelas que poidan acreditar unha discapacidade física de máis do 65% ou con máis dificultades para acceder ao mercado laboral. As vítimas de violencia de xénero, as familias monoparientais e as persoas con nieveis de renda máis baixa tamén terán prioridade no proceso selectivo.

Publicacións Relacionadas