O concello de Caldas de Reis recalca a necesidade de cumprir coas obrigas de xestión de biomasa por parte das persoas propietarias de terreos afectados

Redacción

A Administración local lembra que o incumprimento da lei vixente pode acarrear sancións de ata 900 euros, reiterables cada tres meses ata a realización dos traballos, encamiñados a reforzar a seguridade e a prevención de incendios

No termo municipal hai máis de 20.000 parcelas nas que se deben acometer estes , que deben estar listos antes de que comece o mes de xuño lembra á veciñanza que o prazo para dar cumprimento coa obriga de levar a cabo os traballos correspondentes para a xestión de biomasa rematará o vindeiro 31 de maio. Estas labores, básicas para garantir a prevención contra incendios, deberán estar feitas antes de que comece xuño ou, do contrario, as persoas propietarias exporanse a sancións que poden chegar aos 900 euros por hectárea sen tratar. A normativa que establece as pautas de actuación é a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma, que incide na non presenza de árbores das especies sinaladas na Disposición Adicional 3ª da devandita lei. O Concello estima que son máis de 20.000 as parcelas afectadas pola disposición. O alcalde, Jacobo Pérez, sinala que “temos constancia de que moitos propietarios e propietarias de finca xa están cumprindo coa xestión de biomasa, pero aínda quedan terreos sen tratar”.

Tal e como sinala a Administración local, nas redes secundarias de faixa de xestión de biomasa, a limpeza e posta a punto dar pacelas deberán extenderse nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais que se sitúen a menos de 400 metros do monte e arredor das edificación silladas destinadas a persoas en solo rústico emprazadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros non poderá haber especies árboreas como piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, carpaza, xesta-piorno, fente, silva ou toxo. O feito de non cumprir con estas obrigas pode acarrera a imposición de multas coercitivas de ata 900 euros por hectárea sen tratar, cun mínimo de 100 euros, ata a correcta execución dos traballos. Ademais, esas sancións poden ser reiterables cada tres meses. En calquera momento, o Concello poderá decretar a execución subsidiaria dos traballos, repercutindo os custes correspondentes nas persoas propietarias. En solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, aplicaranse subsidiariamente as obrigas de xestión de biomasa vexetal e retirada de árbores prohibidas. En todo caso, Jacobo Pérez recorda que a obriga das persoas propietarias de cumprir coa xestión de biomasa non depende de cheguen notificacións do Concello. “Son traballos que hai que cumprir por lei e, de feito, é aconsellable evitar entrar en eses procesos subsudiarios, porque poden dilatarse demasiado, provocando unha situación de risco alto de incendio na época estival”, advirte o alcalde.

Pérez Gulín incide na importancia de cumprir con esta normativa, de cara a garantir unha maior seguridade, agora que “chega a época do ano máis sensible no que a incendios se refire”.

Comparte este artigo