O alcalde, Jacobo Pérez, destaca o compromiso do Goberno local á hora de implicarse en políticas e accións que axuden a continuar mellorando a inserción laboral e reducindo a taxa de paro, que en setembro marcou un mínio de menos do 8,5%
Pérez Gulín salienta a implicación do tecido empresarial caldense no proxecto
Un ano máis, o Concello de Caldas de Reis súmase ao Programa Integrado de Emprego (2025/2026), unha iniciativa cofiananciada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e o Servizo Público de Emprego Estatal. Nas convocatorias anteriores rexistrouse un alto porcentaxe de colocación en postos de traballo das persoas participantes no programa, que está dirixido a persoas inscritas como demandantes de emprego e que cumplan con algún dos seguintes requisitos: que teñan algunha discapacidade, en risco de exclusión social ou beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia, maiores de 52 anos, menores de 30, mulleres inmigrantes. Ademais de Caldas de Reis, tamén forman parte do programa os concellos de Cuntis, Barro, Portas, A Estrada e Moraña.
As persoas censadas no municipio caldense que cumpran con estes requisitos e estean interesados en apuntarse en algunha das
actividades que se levan a cabo a través do PIE poderán obter máis información no Centro de Información á Muller (CIM) o unas dependencias de Servizos Sociais, ou ben chamando ao número de teléfono 986530814. O alcalde, Jacobo Pérez, salienta a importancia deste tipo de propostas. “Desde o Concello apostamos por políticas activas de emprego, especialmente con aquelas que contan con elevadas porcentaxes de inserción laboral e que supoñen un pulo moi importante para sectores da poboación que teñen máis dificultades para acceder a un posto de traballo”, sinalou.
O rexedor de Caldas de Reis tamén pon en valor e agradece a implicación do tecido empresarial local á hora de sumarse ao PIE. “Un número importante de entidades participaron neste proxecto en anos anteriores e para esta edición moitas delas xa amosaron interese en continuar con esta liña de colaboración. Animamos ás empresas que aínda non o fixeron a que se sumen, xa que o PIE é unha boa oportunidade para formar ou captar a persoas que están na procura de traballo”, explicou Pérez Gulín. O Concello seguirá ofrecendo ferramentas que axuden a seguir reducindo a taxa de desemprego, consolidando así a tendencia positiva rexistrada desde hai xa varios anos. Actualmente, Caldas de Reis afronta os meses finais do ano cunha porcentaxe de paro que non chega ao 8,5%, o que supón unha rebaixa de seis décimas con respecto ao 30 de setembro de 2025. “Son cifras importantes, sobre todo se temos en conta que na época previa á crise de 2008 estabamos nun 15%”, salienta o alcalde, que, en todo caso, deixa claro que esa boa tendencia “non supón unha relaxación, senón máis ben ao contrario, xa que nos serve como acicate para continuar promovendo e colaborando en iniciativas e propostas que faciliten a inserción laboral da nosa cidadanía, con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos”.
Entre as actividades formativas previstas para esta nova convocatoria do PIE inclúense formacións básicas de loxística de almacén, técnicas de venda en froitería, peixería e carnizaría, operativa de Caixa-terminal en punto de venda, desenvolvemento de habilidades sociais, técnicas de búsqueda de emprefo eficaz, clases de informática, condución de carretas elevadoras, soldadura, manipulación de alimentos ou mantemento e fontanería, entre outros ciclos.



