HomePontevedraCaldasO concello de Caldas promove unha nova edición do obradoiro de emprego...

O concello de Caldas promove unha nova edición do obradoiro de emprego para contratar a 20 persoas

- Anuncio -spot_img

 O proxecto conta cunha duración prevista de 9 meses e servirá de formación para dez integrantes en albanelería e outros tantos en xardinería e labores forestais

 As actuacións a desenvolver inclúen a recuperación paisaxística da Fábrica da Luz de Segade, o mantemento de espazos verdes na Tafona ou a mellora de lavadoiros e fontes en todas as parroquias

O Concello de Caldas de Reis promove a quinta edición do proxecto do Obradoiro de Emprego ‘Os Camiños do Camiño’. O Goberno local vén de presentar unha solicitude á Xunta de Galicia para retomar esta iniciativa, logo de que nos últimos anos non puidese optar a ella, ao contar o municipio con menos de 500 persoas en desemprego.

Nesta convocatoria, a Administración autonómica estableceu como mínimo para poder optar a estas axudas un rango de 300 desempregados ou desempregadas, polo que Caldas de Reis cumpre con ese requisito. O proxecto contará cun orzamento de 500.000 euros, dos cales 60.500 serán asumidos polas arcas municipais.

A duración prevista do Obradoiro de Emprego de 2026 será de nove meses e servirá para formar a un total de 20 persoas, dez en albanelería e outros tantos en xardinería e traballos de carácter forestal. O Concello aposta por volver a solicitar este obradoiro logo da gran reposta que houbo nas edicións anteriores, desde que se acadara por primeira vez en 2020. Esta é unha das xestións que o Goberno local leva a cabo dentro da súa folla de ruta de ofrecer ferramentas e accións que axuden a fomentar a formación e facilitar a busca de emprego.

Con respecto ás actuacións previstas a realizar ao abeiro do Obradoiro de Emprego, as persoas contratadas desenvolverán tarefas para a recuperación paisaxística da Fábrica da Luz de Segade. Ademais, tamén traballarán no mantemento dos espazos axardinados que hai na Tafona, así como na mellora, mantemento e reparación das fontes e lavadoiros existentes nas parroquias do municipio. O Concello confía en que, ao igual que en convocatorias anteriores, o Obradoiro de Emprego se traduza, unha vez rematado, nun nivel de inserción elevada. Polo momento, varias empresas da contorna xa amosaron o seu compromiso á hora de acometer contratacións.

Mínimos de paro ao peche de 2025

O Concello de Caldas de Reis pechou 2025 marcando un novo mínimo histórico no que a cifras de desemprego se refire. A día 31 de decembro había no concello 379 persoas sen traballo. Deste xeito, por segundo ano consecutivo, logrouse baixar dos 400 (en 2024 había 382 desempregados ou desempregadas). Así, Caldas de Reis mantén a tendencia á baixa no que vai de século XX, unha tendencia que está a deixar notar especialmente nesta década. No ano 2020 o número de persoas en desemprego na vila era de 776, polo que en cinco anos esta cifra reduciuse en máis dun 50%. A porcentaxe actual non chega aoo 9%.

O alcalde, Jacobo Pérez, salienta a importancia de continuar promovendo e activando ferramentas que manteñan esta tendencia, de xeito que “poidamos continuar reducindo aínda máis as taxas de desemprego e que Caldas de Reis ofreza oportunidades laborais á cidadanía de xeito sostido durante os doce meses do ano”

Publicacións Relacionadas