HomePontevedraCaldasO Concello de Caldas proxecta un parque para persoas da terceira idade na Tafona

O Concello de Caldas proxecta un parque para persoas da terceira idade na Tafona

- Anuncio -spot_img

O proxecto licítase por preto de 45.000 euros e inclúe a  dotación dunha pista de petanca, un área para xogar á  chave e elementos bisaudables 

O alcalde, Jacobo Pérez, salienta o carácter  

interxeracional da Tafona, que pasará a ser punto de  encontro e de lecer para persoas de todas as idades, logo  da inauguración da nova pista polideportiva 

O Concello de Caldas Reis acometerá a dotación dun parque para persoas da terceira idade na Tafona, nunha parcela duns 900 metros cadrados, entre os ríos Umia e  Bendaña. O alcalde, Jacobo Pérez, incide en que esta zona será “un  punto de encontro para os nosos e as nosas maiores, no que poderán  compartir xuntos tempo de calidade, ademais de practicar diferentes  xogos tradicionais e levar unha vida saudable”. O proxecto, que será  aprobado esta semana en Xunta de Goberno, contará cun orzamento  inicial que ascende a 44.744,74 euros, IVE engadido. Esta nova  instalación contará cunha pista de petanca, ademais dun espazo para o tradicional xogo da chave. A maiores, a actuación incluirá a dotación de cinco elementos biosaudables, nos que se poderán realizar distintos  exercicios de mantemento, e que contarán cos correspondentes paneis  informativos sobre o seu uso. Procederase, asemade, á dotación de  mobiliario composto por bancos e meses, ademais de asentos rústicos  de pedra, respectando en todo momento o espazo da contorna. O  proxecto ten en conta tamén a realización dos pertinentes traballos de  reforzo do pozo de cachotería que existe na zona. Por último, habilitarse  unha fonte de auga potable, que contará con dous grifos, un para  persoas e outro para mascotas. 

O prazo de execución dos traballos, unha vez se complete o pertinente  proceso de licitación, será de tres meses. O alcalde de Caldas de Reis  lembra que un dos obxectivos prioritarios do Goberno local é dar  resposta ás necesidades da xente maior. “Dentro da nosa folla de ruta  para mellorar e garantir unha boa calidade de vida para a nosa  veciñanza, temos moi en conta o que precisan as persoas da terceira  idade e estamos convencidos de que este parque acabará  consolidándose como un lugar de encontro no que socializar e practicar  hábitos saudables”, sinalou o alcalde. Neste sentido, Pérez Gulín incidiu  na importancia de que o parque da terceira idade se emprace nun lugar  tan emblemático como é A Tafona. Hai que lembrar que hai apenas uns  meses que o Concello inaugurou a nova pista polideportiva, polo que  “seguimos traballando para consolidar este espazo como unha zona  multidisciplinar e interxeracional, sendo un referente non só dentro do  noso concello, senón en toda a bisbarra”.

O proxecto conta con todos os permisos necesarios. Neste sentido, o Concello de Caldas de Reis xestionou as autorizacións pertinentes  doutros departamentos, como é o caso da Dirección Xeral de  Patrimonio. Este requisito era necesario, ao atoparse a parcela dentro  da área de respecto dos xacementos arqueolóxicos do Asentamento  Romano catalogado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). 

Durante o desenvolvemento das obras levarase a cabo un control  arqueolóxico sobre os desterros ocasionados polos traballos. Ademais,  a actuación tamén conta cos informes favorables de Augas de Galicia.

Publicacións Relacionadas