Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro fará un Entroido solidario o sábado 12...

O concello de Campo Lameiro fará un Entroido solidario o sábado 12 de marzo e destinará o recadado polas filloas e orellas a axuda humanitaria para os refuxiados de Ucraína

- Anuncio -

Por mor da Covid-19 este ano substituirán o tradicional desfile de disfraces por unha festa co Dj Javi Solla na praza do Concello

O Concello de Campo Lameiro celebrará o entroido o vindeiro sábado 12 de marzo cunha festa solidaria a cargo do Disc Jockey Javi Solla entre as 17 e 20 horas na praza do Concello. Durante esta sesión discoteca, que substituirá ao tradicional desfile de disfraces por mor da Covid-19, contará co reparto de filloas e orellas entre os asistentes que poderán facer un donativo que irá íntegramente destinado a mercar axuda humanitaria para o refuxiados pola guerra de Ucraína.

Esta decisión foi adoptada polos membros do equipo de Goberno que lidera Carlos Costa dentro do espírito solidario que domina gran parte das actividades e accións que leva a cabo este concello.

Para aquelas persoas que queiran colaborar no envío de material humanitario a Ucraína, o Concello de Campo Lameiro habilitou tamén un espazo na Casa Consistorial para recoller ese material de luns a venres de 9 a 14 horas e tamén na Biblioteca, os martes e xoves en horario de 17 a 20 horas.

Todo o recollido será enviado a Ucraína a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que se está a coordinar cos concellos galegos para facer chegar de xeito eficaz e seguro toda a axuda humanitaria que se xunte ata as vítimas da barbarie que está a producir a guerra de Ucraína emprendida pola administración rusa do presidente Putin.

O alcalde, Carlos Costa, salientou “o espírito solidario e colaborador dos nosos veciños que se puxeron en contacto con nós para facer algo a prol das vítimas de Ucraína e pensamos que unha boa ocasión será a celebración do entroido do sábado 12 para recadar algo de cartos, a través das filloas e orellas que íamos repartir e que agora solicitaremos a colaboración dos asistentes facendo un pequeno donativo porque toda axuda é pouca para asistir a tanta xente”, indicou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas