Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro ilumina a súa "Aldea de Nadal" e...

O concello de Campo Lameiro ilumina a súa “Aldea de Nadal” e volve convocar varios consursos de participación cidadá para fomenta-lo apoio ao comercio local

- Anuncio -

Os gañadores recibirán vale de regalo que serán canxeados nos establecementos comerciais do municipio.

Haberá concurso de escaparates, de decoración de Nadal interior, de iluminación exterior e de postais para os máis cativos.

O Concello de Campo Lameiro deu comezo oficialmente ao Nadal coa encendido da iluminación da súa “Aldea de Nadal” feita en madeira e elementos procedentes da reciclaxe. Esta composición decorativa, feita de xeito artesanal a través da participación veciñal, permanece exposta para poder ser visitada na Carballeira, adornando tamén o centro da vila.

Asemade, o Concello volve centrar a súa campaña de Nadal en apoiar ao comercio local a través da posta en marcha de varios concursos que terán como principal aliciente a entrega de cheques regalo que deberán ser canxeados nos establecementos comerciais do municipio antes do 10 de xaneiro.

O alcalde, Carlos Costa, e o seu grupo de goberno decidiron continuar coa promoción do comercio local a través de actividades de participación cidadá que leven parella o impulso de iniciativas de apoio aos comerciantes para impulsar a saída definitiva da crise económica derivada da pandemia.

Así, o Concello de Campo Lameiro a través das concellerías de Festas, Cultura e Comercio convoca o II concurso de Postais, de decoración interior e exterior de vivendas, de decoración de escaparates comerciais de Nadal do municipio co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento do municipio, facendo cómplices a comerciantes e veciñanza da imaxe de Campo Lameiro, implicar ós mais cativos no dibuxo da postal de nadal que a gañadora será a postal oficial de felicitación do Concello deste ano.

CATEGORÍAS E MODALIDADES

Establécense catro categorías para poder concursar que son as seguintes:

• CONCURSO “ RECUNCHO DE NADAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración interior dun espazo da vivenda decorado con motivos de Nadal. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Recuncho de Nadal” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar no concurso será ata o 22 de decembro.

• CONCURSO “UN NADAL PARA SOÑAR”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración exterior das vivendas e xardíns de modo que esta decoración sea totalmente visible dende a vía pública. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Un nadal para Soñar” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar remata o 22 de decembro.

• CONCURSO “ DECORACIÓN ESCAPARATES DO COMERCIO LOCAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto ó mellor escaparate e interior do establecemento participante. O establecemento participante deberá decorar o seu escaparate e interior co ambiente propio de nadal. Poderán participar todos os comercios e/ou negocios ubicados no termo municipal. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Decoración de Escaparates do comercio local” e no corpo do correo indicar o nome do establecemento e representante así como un teléfono de contacto. So se admitirá 1 foto por establecemento. O prazo para participar finaliza o 22 de decembro.

• CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto orixinalidade, creatividade, deseño do debuxo de Nadal. O debuxo gañador será empregado para a postal oficial de felicitación do concello. Poderán participar todos os cativos ata 14 anos empadroados no concello. Terán que enviar o debuxo antes do 15 de decembro ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Concurso de Postais” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio da persoa concursante e un teléfono do pai, nai ou titor do menor. So se admitirá 1 foto por nen@ empadroado.

PREMIOS PARA OS DISTINTOS CONCURSOS

Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:

1º – CONCURSO RECUNCHO DE NADAL

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

•3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

2º – CONCURSO UN NADAL PARA SOÑAR

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

•3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

3º – CONCURSO “DECORACION ESCAPARATES DE NADAL “

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

4º – CONCURSO DE POSTAIS

•O gañador levara un maletín de cores.

•Unha bolsa de gominolas para cada participante.

O Concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar una fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas