Home O Morrazo Cangas O concello de Cangas prohibe reservar espazo nas súas praias con parasois...

O concello de Cangas prohibe reservar espazo nas súas praias con parasois ou toallas estiradas na area

- Anuncio -

A nova ordenanza municipal, aprobada de xeito provisional e para que se abre un periodo de exposición pública dun mes, faculta ao persoal municipal para retirar dos arenais estes artigos en ausencia dos seus donos

Cangas, 30 de abril 2022. O pleno da Corporación de Cangas aprobou de xeito provisional a ordenanza municipal de praias, que o goberno local ten intención de aplicar este verán nos arenais do municipio para garantir unha correcta convivencia entre os usuarios e un total respeto ao medio natural.
Trala aprobación plenaria o documento inicia unha fase de exposición pública dun mes tralo que se procederá a súa aprobación definitiva.
O Goberno local consideraba que a Ordenanza Municipal de Uso e Disfrute das Praias de Cangas, aprobada no ano 2009, precisaba a adaptación dalgúns dos seus artigos á realidade actual polo que a principios de marzo remitiu un borrador aos grupos políticos.
A ordenanza aprobada inicialmente incide na regulación da instalación dos chiriguitos de temporada, na hábito de deixar parasois na area para gardar espazos, na presenza de animais nas praias, nas obrigas dos bañistas e na regulación das grelladas e moragas.
Recolle as competencias dos empregados municipais para retirar da area calquer obxeto, parasois e antucas diáfanos nos seus laterais, cando os propietarios estén ausentes e os deixaran na praia para reservar espazo. Farano acompañados pola Policía Local, que levantará a correspondente acta, e depositará os obxectos en dependencias municipais onde poderán ser recollidos polos seus donos previa xustificación da propiedade.
O goberno local quere solventar deste xeito o malestar xeralizado entre os bañistas o pasado verán e garantir o acceso igualitario aos espazos públicos.
A actualización da ordenanza regula tamén a ocupación indebida de espazo público por parte das instalacións de tempada ou chiringuitos, que estarán sometidos á autorización do Servizo Provincial de Costas e contempladas no Plan de Explotación de Servizos de Tempada, onde se esquematizará o emprazamento e superficie de ocupación respetando os accesos peonís,

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas