• Cubela indica que se están acometendo estas actuacións en todas as parroquias do municipio para favorecer a seguridade nestas instalacións e mellorar estes espazos de convivencia veciñal
O Concello de Cerdedo-Cotobade realizou unha completa intervención no parque infantil da área recreativa de Santa Isable, na parroquia de Loureiro, aproveitando o plan de actuación
municipal neste sentido ao que a administración local destina un orzamento total de 78.650 euros, a través do Plan Concellos da Deputación, que permitirán que se beneficien 19 instalacións deste tipo en todas e cada unha das parroquias e lugares do municipio.
O alcalde, Jorge Cubela, desprazouse ata o parque infantil da área recreativa de Santa Isabel, na parroquia de Loureiro, para comprobar persoalmente os traballos realizados dentro deste amplo operativo no que se revisan os columpios, aparatos de xogo, etc. e se leva a cabo unha limpeza e desinfección en profundidade, se repasa a parafusería e lévanse a cabo labores de mantemento e substitución de elementos que se atopen danados ou en mal estado.
En algúns casos e en función da demanda, este plan de actuación municipal nos parques infantís do concello reforza con novos aparatos de xogos o plantel existentes coa intención tamén de ir ampliado paulatinamente e modernizando este tipo de instalacións especialmente destinadas para o goce dos cativos e as familias.
No parque infantil da área recreativa de Santa Isabel, na parroquia de Loureiro, o Concello estudia tamén levar a cabo labores de poda de algún dos árbores alí existentes xa que algún veciño, aproveitando os labores que se estaban a realizar no recinto infantil, solicitou que se eliminaran algunhas pólas que polo seu crecemento entorpeceran o espazo de xogo.
Este ambicioso plan de investimento local para a rehabilitación dos principais parques infantís do municipio no que se investirán uns 78.650 euros está previsto que se leven a cabo en 19 zonas de xogo habilitadas por todo o territorio beneficiando deste xeito a todas e cada unha das parroquias do municipio.
O obxectivo desta iniciativa municipal é a conformación progresiva dun completo sistema de parques infantís de xogo que cumpran na súa totalidade os parámetros de calidade e seguridade da Unión Europea nesta materia.
Así, un total de 19 parques infantís serán sometidos a unha operación de revisión integral co obxectivo de garantir o mellor nivel de seguridade e condicións de uso. Tamén se pretende fortalecer mediante a dotación e conservación de equipamentos e servizos de primeira calidade a capacidade de atracción de poboación cara ao concello de CerdedoCotobade.
Segundo defendeu o alcalde, Jorge Cubela, “estes parques infantís son moi importantes porque son unha excelente escusa para que os cativos exerciten as súas capacidades psicomotrices, socialicen e mesmo interactúen de xeito interxeracional con outros veciños que se achegan ata estes espazos de convivencia veciñal para gozar coa compañía dos cativos, falar cos seus veciños e disfrutar dun lugar de uso común pola veciñanza”, indicou o rexedor de Cerdedo-Cotobade.