HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade aporta de fondos propios uns 32.000 euros para...

O Concello de Cerdedo-Cotobade aporta de fondos propios uns 32.000 euros para o 2º Plan de Rescate da Xunta aos hostaleiros do municipio

- Anuncio -spot_img

Cubela afirma que deste xeito “os cartos chegarán á xente canto antes, sen ter que pasar por tres ventanillas. Aportaremos o dobre do que nos dá no seu reparto a Deputación Provincial”
O Concello de Cerdedo-Cotobade aportará uns 32.000 euros de fondos propios ao 2º Plan de Rescate posto en marcha pola Xunta de Galicia para os hostaleiros e os autónomos, segundo anuncio o alcalde Jorge Cubela quen sinalou que esta cantidade supón o 50% dos cartos entregados pola administración autonómica ás 36 persoas que se beneficiaron das axudas no pasado mes de novembro. Jorge Cubela manifestou que “a decisión de sumar os recursos propios do Concello de Cerdedo-Cotobade aos fondos que vai repartir a Xunta, neste segundo rescate, vai orientada a que os nosos hostaleiros e autónomos teñan que peregrinar de ventanilla en ventanilla e facer farragosos trámites administrativos para acceder ás axudas. Así, cunha administración única acúrtanse prazos e tense que facer menos papeleo. A xente quere solucións e non que a mareen de ventanilla en ventanilla para cobrar as axudas ás que teñen dereito”. Pola súa banda, Cubela sinalou que “o aporte de 32.000 euros de fondos propios do Concello de Cerdedo-Cotobade supoñen un esforzo importante para as arcas municipais e un xesto de solidariedade de tódalas veciñanza coa hostalería, a principal afectada polas consecuencias económicas da pandemia, pero vai ser o dobre do que recibamos dun organismo comoa a Deputación que conta cun remanente de 20 millóns de euros e que non foi quen de dar a talla para entorpecer e retrasar ao máximo unha medida solidaria da que non se pode nin se debe sacar rédito político algún. A estreitez de miras do PSOE de Vigo e o BNG de Pontevedra condenan ao sector da hostalería a unha situación insostible e indefendible”. Finalmente, Jorge Cubela, fixo votos para que se axiliaran ao máximo as axudas e, “en moitos casos, deberíase actuar case que de oficio xa que moitos dos beneficiarios deste segundo Plan de Rescate tamén foron obxecto de axudas no primeiro polo que a súa tramitación debería ser case que inmediata. Hai moitas familias que o están pasando realmente mal no noso concello e en toda Galicia por culpa da deriva económica desta pandemia á que temos que facer fronte entre todos dun xeito activo e solidario. Ninguén pode quedar atrás nin sanitaria nin económicamente e o Concello de Cerdedo-Cotobade vai a estar aí aportando o seu gran de area, que non é pouco, eses 32.000 euros, para rescatar e axudar á nosa xente. Se outros prefiren quedarse no poliqueo, alá eles!”.

Publicacións Relacionadas