Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Concello de Cerdedo-Cotobade investirá uns 50.000 euros na mellora das beirarrúas...

O Concello de Cerdedo-Cotobade investirá uns 50.000 euros na mellora das beirarrúas e a sinalización horizontal dos viais do parque empresarial do Sangal

- Anuncio -

• Jorge Cubela salientou a necesidade de mellorar a seguridade vial no polígono e a importancia que ten este pulmón empresarial para a ampliar a oferta laboral no concello

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar as obras de mellora das beirarrúas e da sinalización horizontal no viais do parque empresrial do Sangal nas que se investirán uns 50.000 euros. A empresa adxudicataria foi Excavacions y Construcciones Manuel Pérez Portela, S. L. e para a súa adxudicación cóntase con financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

Entre as actuacións que se levarán a cabo salienta a mellora do pavimento das beirarrúas do parque empresarial de O Sangal que se fará a través da substitución do actual por outro firme de formigón en masa HM-25 coloreado de doce centímetros de espesor, incluído formación de xuntas de dilatación cada cinco metros.

Previamente a esta intervención estase procedendo a demoler o actual pavimento de loseta de formigón e rebaixar ata chegar aos doce centímetros, dentro da caixa para a colocación do formigón en masa.
Tamén se acometeron traballos de retirada e recollida de sinalización vertical co fin de reutilizala e recolocala no lugar axeitado unha vez rematado o novo proceso de colocación de pavimento nas beirarrúas.

O mesmo sucederá coas tapas das instalacións existentes como o saneamento e mesmo as farolas do alumeado público que serán recolocadas e reubicada para unha maior e mellor operatividade da súa función.

Vaise a actuar nunhas beirarrúas duns 735 metros de lonxitude lineais cunha media de ancho de 1,38 metros o que alcanza unha superficie total dos 1.095 metros cadrados.

Tamén se acometerá un repitado final da sinalización horizontal na totalidade das vías existentes no parque empresarial do Salgal o que suporá un total duns 596,50 metros cadrados de superficie pintada (marcas, pasos de peóns, etc.) e un total de 252 metros de liña da vía.

Pola súa banda, o alcalde Jorge Cubela salientou a importancia deste parque empresarial e “a necesidade de acometer estas obras de mellora da seguridade vial, construción de beirarrúas e pintado da sinalización horizontal para mellorar tamén a imaxe e o visibilidade para condutores e usuarios do polígono. Para nós este parque empresarial representa un
pulmón importante para a creación de emprego no noso concello de aí que lle adiquemos un investimento importante en axeitalo ás necesidades do momento”, indicou o rexedor.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas