HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade pon en marcha un concurso de decoración de...

O Concello de Cerdedo-Cotobade pon en marcha un concurso de decoración de Nadal para a veciñanza e para dinamizar o comercio local

- Anuncio -spot_img

• Repartiranse un total de 1.200 euros, distribuídos en dúas categorías con 4 premios de 150 euros en cada unha delas

O Concello de Cerdedo-Cotobade, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha un concurso de decoración de Nadal dirixido á veciñanza e ao comercio da localidade baixo o título xenérico de “Cerdedo-Cotobade é Nadal” e que estará dotado con 4 premios por cada unha das dúas categorías por un montante total de 150 euros cada un. Segundo o alcalde, Jorge Cubela, esta iniciativa pretende promover a participación da cidadanía á hora de crear un ambiente festivo e a activación do comercio local.

Establécense dúas categorías para participar. A primeira está aberta a toda a veciñanza de Cerdedo-Cotobade, maior de idade e con residencia no municipio, que realice a decoración no exterior da súa vivenda. A segunda categoría, está destinada ao comercio local, na que se poderá decorar escaparates, balcóns, xanelas, portas exteriores ou fachadas. Os negocios deben estar abertos ao público e en posesión da licenza municipal de actividade correspondente.

A decoración en locais e vivendas deberá ter relación co Nadal e os motivos tradicionais coa mesma, tendo os participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo. Os materiais empregados deberán ser reciclados, así como naturais, sempre que non prexudiquen ou danen ao medio ambiente. Queda prohibido o emprego de materiais perigosos como velas, facho, pirotecnia…

Unha vez rematada a decoración, os interesados deben deberán realizar una fotografía da mesma e enviala, xunto ao documento de inscrición e os datos persoais do participante, a través do correo omix@cerdedocotobade.gal co asunto “concurso fotografía” antes do 15 de decembro.

O xurado terá en conta diferentes aspectos na súa valoración como o deseño, a orixinalidade, o entusiasmo polo Nadal ou o emprego de materiais reciclados e naturais. O día fixado no calendario para coñecer aos gañadores será o 19 de decembro.

O Concello repartirá un total de 1.200 euros en premios, repartidos en 4 premios de 150 euros para cada unha das categorías convocadas, nunha gala que se celebrará o venres, 23 de decembro no Pavillón de Deportes de Carballedo. Para poder optar aos premios a decoración deberá permanecer instalada dende o día da solicitude ata o 7 de xaneiro de 2023.

Todos aqueles establecementos comerciais ou particulares interesados en participar poden facelo de maneira presencial nas oficinas do Concello en horario de atención ao público. Ademais, teñen á súa disposición o formulario de inscrición e toda a información, así como as bases legais do concurso na web municipal: www.cerdedo-cotobade.gal

Publicacións Relacionadas