HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade rende homenaxe a Xela Arias cunha actividade escolar...

O Concello de Cerdedo-Cotobade rende homenaxe a Xela Arias cunha actividade escolar colaborativa a base de lendas e historias do municipio

- Anuncio -spot_img

• A iniciativa vai dirixida a escolares de educación infantil e primaria do municipio e busca a interxeracional entre netos e avós para poñer en valor o patrimonio inmaterial oral

O Concello de Cerdedo-Cotobade rende homanexe á escritora Xela Arias por mor do Día das Letras Galegas coa posta en marcha dunha actividade escolar colaborativa de recollida sonora de lendas e historias do municipio baixo o título xenérico “Contos ao teléfono Xela Arias” mediante o cal o alumnado dos centros educativos de infantil e primaria poderán enviar uns audios que realicen dos relatos que lle contaron os seus avós ou que coñezan de telos escoitado na casa.

Esta iniciativa de dinamización cultural extenderase ata o 31 de maio e todos aqueles nenos e nenas que participen nela recibirán un agasallo e o agradecemento do Concello evitando así calquera atisbo competitivo e procurando incentivar a súa participación desde un punto de vista colaborativo.

Todos os audios recibidos serán publicados nun podcast para que poidan ser coñecidos polo conxunto da veciñanza e dar boa conta deste patrimonio inmaterial oral que atesouran nas nosas casas os avós.

Esta actividade pretende tamén xerar unha interacción interxeracional entre netos e avós en torno á celebración do Día das Letras Galegas e servirá tamén de canle para homenaxear a figura da escritora Xela Arias á que este ano a Real Academia Galega lle adica esta efeméride cultural.

Publicacións Relacionadas