Cubela agarda que a competencia entre empresas e o interese por estas obras permita que o investimento e equipamento no novo edificio social sume outros 23.000 euros máis
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de sacar a concurso a reforma e ampliación do Centro Sociocultural de Corredoira que parte cun investimento inicial valorado nuns 142.000 euros aos que podería sumárselle un aporte en melloras por parte dos licitadores que
suporán uns 23.000 euros máis para esta infraestrutura para disfrute veciñal. O proxecto técnico a executar está realizado pola arquitecta local María García que imprimiulle un interese especial no deseño das melloras para este edificio.
As empresas interesadas en executar estas obras disporán ata última hora do mércores 17 de febreiro para presentar as súas ofertas e a documentación necesaria para participar neste procedemento aberto e simplificado no que o adxudicatario terá que depositar unha garantía do 5% do orzamento total.
UN EDIFICIO RESCATADO PARA O POBO E QUE FORA INCAUTADO POLO FRANQUISMO
A Casa do Pobo de Corredoira foi adquirida polo Concello de CerdedoCotobade ao Ministerio de Emprego por un importe de 12.000 euros para ser posta a disposición dos colectivos e veciños desta parroquia despois de confirmar que esta edificación fora incautado polo franquismo. “Fixemos unha dura negociación co Ministerio para poder rescatar para o pobo a titularidade desta Casa do Pobo que tanto significaba desde o punto de vista emotivo para os veciños e veciñas de Corredoira e, ademais, era un acto de xustiza, de reparación e mesmo de reconciliación a súa reversión á titularidade municipal”, indicou o alcade Jorge Cubela.
Unha vez feita a adquisición do inmoble, o alcalde Jorge Cubela comprometérase a executar un ambicioso proxecto de reforma e ampliación das instalacións para que tiveran un mellor aproveitamento por parte de veciñanza dentro da política deseñada polo rexedor de dotar
de infraestruturas axeitadas en todas e cada unha das parroquias para disfrute veciñal.
PROXECTO CONTRUTIVO E MELLORAS POR VALOR DE 23.000 EUROS
O proxecto construtivo pretende dar resposta á funcionalidade do edificio así como a mellorar a súa imaxe exterior para adecuala aos novos tempos e ás necesidades de uso por parte dos veciños e veciñas de Corredoira.
Así, as obras transformarán o local nun novo edificio con salón de usos múltiples, un espazo para albergar unha terraza cuberta e acristalada, balcón, cociña, asadeiro, amplio cuarto de baño de uso convencional e para persoas con problemas de mobilidade e un pequeno almacén.
Entre as melloras que poden ofertar os licitadores que aspiren a realizar esta obra están o subministro dunha estufa de pellets, a colocación de varias contraxanelas, un armario metálico para unidad exterior de clima, varios tipos de revestimentos e acabados, mobiliario e equipamento de cociña, elementos e accesorios para o cuarto de baño, así como varias
actuacións en materia relacionada coa humanización e urbanización do entorno do Centro Sociocultural de Corredoira, unha pérgola anexa a muro de cerramento, un abedul e unha parra virxe. En total, as melloras poden acadar os 23.000 euros.
O alcalde Jorge Cubela manifestou que “a nosa intención, como fixemos sempre neste tema, é ir da man da asociación de veciños e dos colectivos sociais para lograr que este novo edificio sexa totalmente operativo para desenrolar o máximo de actividades posibles no momento en que a pandemia nos permita recuperar a nosa normalidade e fomentar os
Concello de Cerdedo-Cotobade encontros de boa veciñanza, a convivencial veciñal e dotar dun espazo para o lecer das persoas maiores e dos mozos e mozas na parroquia de Corredoira”, indicou o rexedor.