HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO concello de Cerdedo-Cotobade volve protagonizar o tramo cronometrado máis longo do...

O concello de Cerdedo-Cotobade volve protagonizar o tramo cronometrado máis longo do V Rallie de Pontevedra e do campionato

- Anuncio -spot_img

• O tenente de alcalde Fernando Vázquez salientou a importancia da colaboración establecida coa Escudería Congostra para atraer probas deportivas destas características que axudan a dinamizar económica e turísticamente o municipio

O tenente de alcalde de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, o concelleiro Javier Lois, o secretario da Escudería Congostra Team Sanxenxo, Diego Besada, e o piloto local Manuel
Magdaleno analizaron os últimos detalles organizativos do V Rallie de Pontevedra que discurrirá por terras de Cerdedo-Cotobade o sábado 3 de xuño, un tramo cronometrado de gran aliciente entre pilotos e amantes do mundo do motor que terá na baixada do Cádabo o seu principal aliciente.

O convenio asinado entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Escudería Congostra Team Sanxenxo permitirá que un dos tramos máis decisivos do V Rallei de Pontevedra discorra polo termo municipal de CerdedoCotobade ao longo de 15,260 quilómetros (o tramo máis longo do campionato galego) e que terá na baixada cara ao Cádabo un dos espazos máis interesantes desde o punto de vista da competición e da beleza paisaxística.

A colaboración entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Escudería Congostra Team Sanxenxo, organizadora da proba, mantense a través da sinatura dun convenio mediante o cal aúnase o máximo esforzo entre ámbalas dúas entidades na promoción do deporte do motor como dinamizador económico e turístico do concello durante a celebración desta proba.

A COMPETICIÓN COMO MOTOR DO TURISMO E A HOSTALERÍA

O tenente de alcalde, Fernando Vázquez agradeu á Escudería Congostra Team Sanxenxo que se volvera pensar no concello de Cerdedo-Cotobade para incluilo no V Rallie de Pontevedra e tamén animou aos pilotos da comarca a participar e facer un bo papel nesta proba automobilística que se desenrolará en varios escenarios da provincia os días 2, 3 e 4 de xuño.

Vázquez salientou tamén a importancia que este tipo de eventos deportivos teñen para dinamizar a actividade económica do municipio “xa que mobilizan a moita xente que se achega ata aquí e que consumen nos distintos establecementos comerciais e hostaleiros da nosa zona. Créase unha afluencia moi importante de persoas entre público, pilotos, mecánicos, familiares, afeccionados, etc. que fan que esta proba se convirta tamén nunha ocasión única para favorecer a promoción turística das paraxes por onde discurre a proba, a gastronomía e os atractivos turísticos de Cerdedo-Cotobade”, indicou o tenente de alcalde.

Publicacións Relacionadas