Home Pontevedra A Paradanta O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

- Anuncio -

A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable

Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de Vigo forman á cidadanía grazas ao proxecto Mareas do Coñecemento da Universidade de Vigo que chega ao rural galego para tratar de democratizar o acceso ao saber científico, artístico e tecnolóxico entre a poboación sénior.

Esta iniciativa, que aterra por segundo ano consecutivo en Covelo, é unha aposta da institución académica pola formación ao longo da vida e por estender a docencia e a divulgación máis aló dos campus. Este ano serán seis as vilas que se unen a este programa: O Rosal, Poio, Allariz, Lalín, Ribadavia e Covelo, onde onte arrancaron as actividades desta nova edición.

O concello de Covelo foi o primeiro en estrear esta nova edición este martes, cun primeiro seminario, centrado na saúde, no que os profesores profesores José Luis García Soidán e Antonio Vázquez Saborido explicaron ás persoas asistentes a importancia dunha alimentación equilibrada e os beneficios do consumo de alimentos locais, sostibles, saudables e de temporada. A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable. Neste concello o programa comprenderá tamén un seminario sobre pilates e outro sobre historia e patrimonio cultural de Covelo, con varias sesións en datas aínda por determinar.

O proxecto de democratización do coñecemento, como explica a coordinadora do Programa para Maiores da UVigo, a profesora Carmen María Abreu, “encádrase dentro da Rede Galega de Programas Universitarios para Maiores” creada polas tres universidades galegas para facer fronte dende o eido universitario aos retos derivados do envellecemento poboacional. A finalidade é, como se reflicte no seu nome, favorecer a democratización do coñecemento potenciando e difundindo o saber científico e artístico entre toda a poboación maiores de 50 anos. As accesións específicas van dirixidas a acadar catro obxectivos. Por unha banda, conciencia, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día para revalorizar o patrimonio. Por outra banda, trátase de recoñecer o valor das disciplinas artísticas, mentres que tamén se aposta por adaptar e coñecer as competencias socio-sanitarias dos principios do envellecemento activo. Finalmente, tamén se procura mellor a calidade de vida o benestar das persoas participantes, fomentando a participación e o exercicio intelectual. En cada un dos concellos participantes impartiranse tres ou catro seminarios de diferentes temáticas, con sesións teóricas e prácticas de man de profesorado da Universidade de Vigo especializados nesta campos.

Contidos adaptados a cada concello e comarca
Os contidos do programa están deseñados especificamente para cada unha das comarcas, en colaboración co concello organizador. Un dos temas está sempre acorde ás necesidades dos veciños e veciñas, outro terá o propósito de coñecer, identificar e valorar o seu patrimonio, comprendido non só como patrimonio histórico e artístico, senón tamén como patrimonio arquitectónico, cultural, natural, musical e etnolóxico, e o último buscará mellorar a súa saúde mediante exercicios e consellos sobre a alimentación propia da zona. En xeral, sempre se ofertan contidos de patrimonio local e saúde, e ademais os concellos poden elixir para un seminario unha temática entre ecoloxía, sostibilidade e tecnoloxía. En total, nesta edición o programa en cada concello ten unha duración que varía entre as 10 e as 16 horas, dependendo da cantidade de sesións e seminarios organizados.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas