O Concello de Covelo remata as obras de mellora do Cemiterio de Casteláns

adminON
Lectura mínima de 1

Procedeuse á cubrición da totalidade dos panteóns, á mellora da recollida de augas e drenaxes e ao acondicionamento de aseos adaptados

O Concello de Covelo ven de rematar as obras de melloras no cemiterio municipal da parroquia de Casteláns. Consistiron na cubrición da totalidade dos panteóns que presentaban numerosas filtracións de auga, na instalación de recollidas de augas, mellora das drenaxes e o acondicionamento de aseos públicos adaptados. Para esta última actuación, utilizouse un espazo existente que estaba destinado na súa totalidade a almacén.

Dita obra foi solicitada polos veciños e propietarios de sepulturas ante as numerosas filtracións de auga que puñan en perigo a estabilidade dos panteóns e foi  financiada con cargo ao plan +Provincia 2024 da Deputación Provincial por importe de 25.952,59 €.

Esta actuación enmárcase dentro do plan de mellora de instalacións e adaptación á normativa dos cemiterios municipais de Piñeiro, Barcia de Mera, Covelo, Santa Mariña, San Salvador de Prado e Casteláns.

Comparte este artigo