HomeO MorrazoMarínO Concello de Marín aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas no...

O Concello de Marín aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo de tres prazas de administrativo/a

- Anuncio -spot_img

Un total de 199 persoas participarán no primeiro exercicio, que se celebrará o 17 de febreiro no IES Illa de Tambo

O Concello de Marín aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición, de tres prazas de administrativo/a (subgrupo C1) da escala de Administración Xeral, subescala administrativa.

Unha vez rematado o prazo de subsanación de solicitudes e resoltas as reclamacións presentadas á listaxe provisional, o proceso selectivo conta cun total de 199 persoas admitidas para a realización das probas.

O primeiro exercicio da oposición celebrarase o 17 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, nas instalacións do IES Illa de Tambo, situado na rúa Estrada nº 11 de Marín.

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do seu DNI e dun lapis do número 2.

A resolución completa, co detalle das persoas admitidas e excluídas e os motivos de exclusión, atópase publicada no Taboleiro de Anuncios electrónico do Concello de Marín e no Boletín provincial, para o seu coñecemento xeral.

Publicacións Relacionadas