O Concello de Mondariz Balneario adquire unha parcela de 3000m2 e varios edificios ruinosos no centro da vila por 139.755€

adminON
Lectura mínima de 2

Unha achega da deputación de 97.940€ sumado aos 41.814€ de fondos propios permiten mercar unha propiedade estratéxica para a recuperación e desenvolvemento da vila. 

O goberno de Mondariz Balneario planea acoller nesta propiedade distintos servizos e instalacións municipais (centro social, oficina de turismo, aparcadoiro e zona verde) sempre enfocado en dar unha mellor atención á veciñanza, contribuíndo na dinamización dunha contorna prioritaria. 

Pola outra banda a adquisición desta propiedade ao SAREB é unha gran oportunidade para rehabilitar unha área céntrica da vila que na actualidade presenta un elevado estado de abandono. Para este fin o Concello de Mondariz Balneario xa ten iniciado a procura de financiación coa que restaurar os edificios onde se localizará o novo centro social da vila e a oficina de turismo, instalacións moi necesarias e que demanda a veciñanza ao non existir na actualidade ningún espazo axeitado para dar estes servizos. 

Durante a sinatura da adquisición, o alcalde, César Gil, apuntou que,  dende fai tempo, Mondariz Balneario vén amosando un continuo  deterioro patrimonial, palpable no progresivo aumento de edificacións e  vivendas en estado de abandono. Un fenómeno que provoca a  preocupación da veciñanza e do que xurde o compromiso da  administración municipal para a súa recuperación. A boa xestión  económica no Concello, e uns orzamentos deseñados para revitalizar a  vila, permítenos dar agora este paso, incrementar o patrimonio municipal

Comparte este artigo