HomeO CondadoMondarizO concello de Mondariz pide á veciñanza que substitúa os discos oficiais...

O concello de Mondariz pide á veciñanza que substitúa os discos oficiais da zona azul por “notas escritas a man nun papel”

- Anuncio -spot_img

Montes Bugarín critica o goberno municipal por poñer en marcha esta medida de forma caótica e improvisada e sen contar cos medios necesarios

Desde principios deste mes de xuño entrou en servizo a Zona Azul na vila de Mondariz para favorecer a rotación de vehículos nas prazas de estacionamento dispoñibles. A medida, que saíu adiante grazas á abstención de AporM, foi aprobada polo pleno da Corporación no ano

  1. A pesar de que transcorreron dous anos desde entón, non está a ser aplicada con garantías e seriedade xa que o Concello non encargou en número suficiente os discos que deben lucir os vehículos no seu interior. Por esa razón, dentro do primeiro mes de funcionamento do servizo, o goberno acaba de facer público a través das redes sociais que “como medida provisional, os vehículos que non dispoñan de discos poderán escribir a man nun papel a hora de estacionamento para que a Policía Local o teña en conta”. Para máis confusión para a veciñanza nas sinais indícase que o período de funcionamento da zona azul é de luns a sábado mentres que o aprobado na ordenanza é só de luns a venres.
  2. Para o portavoz da forma política máis votada en Mondariz nas últimas eleccións municipais, “non é de recibo que o Concello improvise na posta en marcha dunha medida coma esta” e cualifica de “trapalleiro e pouco serio” o feito de que o alcalde anime aos condutores a escribir unha “nota escrita a man nun papel”. “Antes de poñer habilitar a zona azul, o Concello debería planificar ben a medida e contar con todos os medios necesarios. Non facelo é irresponsable e pouco serio”, concluíu.

Publicacións Relacionadas