Home Pontevedra Caldas O Concello de Moraña agradece á cidadanía o compromiso coa limpeza das...

O Concello de Moraña agradece á cidadanía o compromiso coa limpeza das franxas secundarias

- Anuncio -

Nun momento tan duro como o que estamos vivindo coas vagas de incendios, o alcalde, José Cela, quere destacar “o enorme esforzo que están a facer os veciños e veciñas de Moraña, así como as Comunidades de Montes, para manter limpas estas franxas e garantir a seguridade das vivendas”, expuxo.

O alcalde, José Cela, quixo expresar esta mañá o seu agradecemento á veciñanza de Moraña e ás Comunidades de Montes, que están a “facer un intenso traballo na limpeza das franxas secundarias, o que garante a seguridade do noso municipio e das vivendas”.

Cela explica que, nun momento tan duro como o que están vivindo noutros municipios e espazos por mor dos incendios, “é de destacar que afortunadamente de momento aquí non esteamos pasando por algo tan terrible e que, no caso de que aconteza, estamos preparados coa protección das vivendas”.

O alcalde, ademais, destaca que levar a cabo este labor por parte de particulares e de entidades como as CCMM “non é sinxelo, require traballo, esforzo e moita xestión, por iso é de destacar este compromiso que teñen co seu medio ambiente e coa seguridade dos seus veciños e veciñas”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas