HomeVigoMosO Concello de Mos abre o prazo de solicitude das axudas municipais...

O Concello de Mos abre o prazo de solicitude das axudas municipais para material escolar e comedor do curso 2025/2026

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos, a través das Concellerías de Educación e Política Social, vén de convocar as axudas municipais para libros e material escolar, así como para o uso do servizo de comedor, dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e secundaria do municipio no curso 2025/2026.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás familias con máis dificultades socioeconómicas, contribuíndo a cubrir os gastos básicos derivados da escolarización e facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.

Axudas para material escolar:

Destinatarios: alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria matriculado nun centro de Mos ou empadroado no municipio.

Contías máximas:

* 40 € para alumnado de 1º ciclo de Infantil (0-3 anos).

* 80 € para 2º ciclo de Infantil, Primaria e Secundaria.

O concepto subvencionable será o material escolar, considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material informático de apoio, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, licenzas informáticas das App e dos libros de texto usadas nos centros educativos e libros, excluíndo expresamente o material escolar e os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións.

Non serán subvencionables a roupa, calzado, uniformes, estoxos, mochilas, tuppers e outros utensilios etc.

Axudas para comedor escolar:

Destinatarios: alumnado de 2º ciclo de Infantil e de Primaria matriculado nos CEIPs públicos do Concello de Mos.

Contía: 2 € por menú/día.

Prazo de solicitude:

As solicitudes deberán presentarse ata o 30 de setembro de 2025. A documentación requirida é a copia do DNI da persoa solicitante e libro de familia, certificado de convivencia da unidade familiar, declaración da renda 2024 ou, se é o caso, certificado negativo e xustificantes de ingresos, vida laboral das persoas que non presenten declaración da renda, xustificante de matrícula do alumnado, facturas orixinais do material escolar e/ou xustificantes de solicitude do comedor, certificación de conta bancaria e declaración xurada de non ter débedas coa Administración.

Os modelos de solicitude e anexos poden consultarse na OMIX, na sede electrónica e na web do Concello de Mos. Tamén se pode obter máis información o correo educa@concellomos.es ou no teléfono 986.339404.

Publicacións Relacionadas