Atopase aberto o prazo de inscripción nos diferentes cursos con prazas limitadas.
Trátase dunha actuación financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes e pola Unión europea a través dos fondos Next Generation.
O edificio da Axencia de Colocación de Mos, situado na Avenida de Peinador nº 38, ten previsto iniciar unha nova iniciativa formativa para ofrecer novas oportunidades profesionais á cidadanía mosense. Trátase do Centro de Capacitación do Concello de Mos, e virá a complementar as actividades formativas tanto en Marketing coma en Carpintería e outras disciplinas que xa se levan a cabo neste centro municipal.
O obxectivo é achegar á cidadanía a posibilidade de formarse en competencias dixitais transversais, ofrecendo oportunidades de formación facilitando deste xeito o acceso á formación compatible coas obrigacións derivadas das distintas condicións persoais, laborais e sociais do alumnado.
Esta iniciativa comprende, inicialmente, actividades dirixidas especialmente á realización de comunicacións e transaccións seguras por medio de dispositivos electrónicos, a chamada “primeira alfabetización dixital”, coa previsión de progresar avanzando nunha formación máis complexa na que se inclúan aspectos de maior especialización como programación e robótica.
O período de inscrición está aberto cun número de prazas limitadas, polo que as persoas interesadas poden enviar a súa inscrición ou solicitar información a través do correo electrónico empleo@concellomos.es, ou no teléfono 986 487 786, indicando o curso desexado e a preferencia de datas. Neste sentido existirá unha programación mensual para a realización dos cursos tanto en queda de mañá coma de tarde, dirixido a todo tipo de público, tanto en paro coma en activo, que teña o interése en mellorar e actualizar os seus coñecementos sobre as novas ferramentas dixitais.
Cada curso ten un total de 30 horas lectivas de marcado carácter práctico cun programa formativo que se corresponde cos contidos das competencias do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales (SNCFP), o que permitirá ao alumnado a súa acreditación oficial no mesmo.
As accións formativas se distribuirán en unidades de formación de 7,5 horas:
Módulo 0. Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais: Coñecer as aplicación de Intelixencia artificial, Big Data, 5G, robótica colaborativa, Blockchain, Ciberseguridade, realidade virtual, economía circular, 4ª Revolución Industrial, entre outras.
Módulo 1. Información e alfabetización dixital: Xestión de correo electrónico, Google Calendar, marcadores sociais, buscadores, introdución á Big Data, Intelixencia artificial (aplicación, ramas, perigos).
Módulo 2. Comunicación e colaboración: Identificar medios de comunicación sinxelos e apropiados para un contexto determinado, recoñecer tecnoloxías dixitais, blogs, Redes sociais: FB, IG, You Tube. Teams, Skype, Slack, Ework. Netiquette. etc.
Módulo 3. Creación de contidos dixitais: Office 365, Imaxe, video e audio; Zoom, presentación online, opcións de gravación, pensamento computacional; realidade aumentada e Impresión 3 D.
Módulo 4. Seguridade na Rede: Seguridade en terminais móviles, cómo protexer a rede. Ciberataques, Blockchain. Identidade dixital.
Módulo 5. Resolución de problemas: Aplicacións de xestión de equipos en remoto (Evernote, Basecamp, …). Introdución ás metodoloxías áxiles: Manifesto Agile. Introducción SCRUM. Xestión do entorno VUCA.