Home Vigo Mos O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e...

O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e a comunidade de Montes de Tameiga

- Anuncio -

Na xornada de onte o Real Club Celta e a comunidade de Montes de Tameiga facían público un acordo que pon fin a anos de litixios xudiciais e abre a porta a culminar de forma efectiva o proxecto internacional Galicia Sports 360 e da cidade deportiva do Real Club Celta en Mos.

O Concello de Mos, encabezado pola súa alcaldesa Nidia Arévalo, celebra este acordo, froito dun diálogo continuado que “sen dúbida algunha será moi positivo para o noso municipio”.

Dende o inicio do proxecto do Real Club Celta en Mos, o concello e a alcaldesa defenderon sempre que o acordo debería saír dun proceso de diálogo e acordo entre todos os factores implicados, polo que ante esta noticia somentes cabe a gratitude e satisfacción.

“A cidade deportiva do Celta e o GS360 son unha das maiores oportunidades históricas para Mos, por iso é crucial que sexa un proxecto de todos e para todos, con fortaleza e coa coexistencia do medio ambiente, do monte comunal e do mantemento das augas dentro do proxecto”, defende Arévalo aludindo a que o equilibrio de posturas é un éxito colectivo.

Mos será referencia mundial tanto a nivel deportivo coma formativo cun proxecto punteiro que con este acordo será aínda máis transversal e universal, “un proxecto que engrandece Mos, e como alcaldesa non podo sentirme máis que orgullosa porque se materialice no noso municipio, respectando ao máximo o noso monte, ás augas e todo o entorno natural”.

Cabe destacar o total agradecemento tanto ao Celta coma á comunidade de Montes de Tameiga por ser capaces de iniciar e culminar con éxito un diálogo que ofrece un acordo positivo para todas partes e sobre todo para todo Mos.

Relacionadas

As Neves contratará nove persoas para reforzar servizos municipais de limpeza, mantemento...

0
O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e  traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a ...

O Porriño resolve a concesión de 175.000 euros en axudas para comunidades de augas

0
Estas axudas permiten reforzar o abastecemento de auga nas parroquias do Porriño, garantindo un servizo máis seguro e eficiente para toda a veciñanza O Concello...

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para o ...

0
Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno  que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para...

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da...

0
O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación...

Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara unha ...

0
O Concello das Neves celebra a finalización das obras  de reforma do centro de saúde municipal, unha actuación que mellora a accesibilidade e  a...

0
O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o...

Publicacións Relacionadas