HomeVigoMosO Concello de Mos inaugura no Pazo de Mos o monumento en...

O Concello de Mos inaugura no Pazo de Mos o monumento en homenaxe á cultura micolóxica mosense

- Anuncio -spot_img

Durante a xornada tamén se presentou a campaña “Outono Gastronómico en Mos”

O Concello de Mos inaugurou hoxe un monumento en homenaxe á cultura micolóxica mosense, unha obra que pon en valor a estreita relación entre natureza, arte, ciencia e gastronomía que caracteriza á comunidade de Mos.

A peza, promovida polo Concello de Mos, consiste nun morteiro unido a un muro de formigón conmemorativo formado por cinco setas que evocan formas prehistóricas, e que foi realizada polo artista Rafael Jiménez Ambel, doutor en Belas Artes, profesor da Universidade Politécnica de Valencia e da Universidade de Vigo, e recoñecido escultor, ceramista e artista plástico.

O mural, de estética orgánica e colorido natural, integra harmoniosamente a súa presenza no xardín do Pazo de Mos, convidando aos visitantes a descubrilo pouco a pouco no seu entorno.

Con esta obra, o Concello de Mos rende homenaxe á tradición micolóxica local, ao coñecemento científico que a acompaña e ao esforzo conxunto dunha comunidade comprometida coa preservación do seu patrimonio natural e cultural.

No acto participaron a alcaldesa Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente Laura Méndez Senlle, o escultor Rafael Ambel, o presidente da Asociación de Bares de Mos Manuel Seijo, una representación da Comunidade de Montes de Mos e da Fundación Pazo de Mos e o cociñeiro José Luis Ortega “Tomé”, que dende hai 15 anos organiza o tradicional showcooking das Xornadas Forestais e Micolóxicas que se están a celebrar durante esta semana e no que volveu a realizar una demostración culinaria de pratos con diferentes variedades de cogomelos, entre eles:

1. Crema de pataca con trompeta dos mortos e ovo trufado.

2. Neno de ovo trufado con boleto e espinacas.

3. Ovo trufado poché sobre bechamel e salteado de cantarelas.

4. Ovo trufado poché frito con lascas de xamón serrano.

5. Boletus afumados con ovo trufado poché e puré de aguacate.

Tamén estivo presente unha representación dos bares que participarán na Gran Degustación de Cogomelos – VII Micromercado que terá lugar este domingo no Pazo de Mos.

Outono Gastronómico

Trala inauguración do mural, tivo lugar a presentación da nova campaña “Outono Gastronómico en Mos”, na que diversos restaurantes do municipio ofrecerán ao longo do mes de novembro pinchos, tapas e sobremesas elaboradas con produtos de tempada —como cogomelos, cabazas ou castañas— co obxectivo de promover o consumo de produtos locais e de proximidade.

Con esta iniciativa, o Concello de Mos reforza a súa aposta pola promoción da cultura, o medio ambiente e o desenvolvemento local, poñendo en valor o talento artístico, científico e gastronómico do municipio.

Publicacións Relacionadas