HomeVigoMosO Concello de Mos inicia as obras de mellora da pavimentación do...

O Concello de Mos inicia as obras de mellora da pavimentación do Camiño do Pazo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos vén de iniciar hoxe as obras de mellora da pavimentación do Camiño do Pazo, que une as parroquias de Mos e Guizán, unha actuación incluída no Plan Camiña Rural 2025-2026 que suporá un importante avance en materia de seguridade viaria e mobilidade local.

A alcaldesa Nidia Arévalo, acompañada polo concelleiro Camilo Grandal, achegouse esta mañá á zona para supervisar o inicio dos traballos, que contan cun prazo estimado de execución de catro semanas e foron adxudicados por un importe de 59.000 euros.

A intervención abrangue unha lonxitude total de 831 metros, e ten como obxectivo mellorar un viario moi utilizado e que se atopa nun estado moi deteriorado debido ao paso do tempo, ás condicións meteorolóxicas e ás actuacións previas nas redes de sumidoiros e traídas veciñais.

O proxecto contempla a mellora do firme e o drenaxe, así como a reposición da capa de rodadura, co fin de garantir unha circulación máis segura e cómoda para veciños e vehículos agrícolas.

A alcaldesa Nidia Arévalo salientou que este tipo de actuacións “son fundamentais para seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza e manter en bo estado unha rede viaria municipal”.

Publicacións Relacionadas