O Concello de Mos pon en marcha unha nova viaxe cultural, dentro do Programa É Tempo de Viaxar, dirixida ao colectivo de persoas maiores de idade, preferentemente empadroadas no municipio. Nesta ocasión, a proposta é descubrir a Ruta Mineira de Asturias, unha experiencia que terá lugar do 24 ao 26 de outubro.
O programa inclúe transporte en autocar de gran turismo, aloxamento en hotel de 3 estrelas en réxime de pensión completa, guía acompañante e seguro na viaxe. Tamén se contempla a entrada e visita guiada ao Ecomuseo Mineiro de Samuño.
Durante a estadía, as persoas participantes poderán gozar dunha ampla axenda de visitas culturais e turísticas que inclúe paradas en Luarca, Avilés, Oviedo, Gijón e Cudillero, ademais da ruta polo Ecomuseo do Val de Samuño.
O prezo da actividade é de 295 euros por persoa, cun suplemento de 80 euros por habitación individual. As prazas son limitadas e a actividade require un mínimo de 45 persoas inscritas para poder realizarse.
As inscricións deberán formalizarse ata o 10 de outubro no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 13 de outubro na web municipal e no taboleiro da OMIX. Os pagamentos deberán realizarse os días 15 e 16 de outubro no número de conta que se facilitará coa publicación da listaxe.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información no teléfono 986 339 404 ou nas oficinas da OMIX de Mos.