Home Vigo Mos O Concello de Mos pon en marcha o programa "A BIBLIOTECA A...

O Concello de Mos pon en marcha o programa “A BIBLIOTECA A TÚA PORTA”

- Anuncio -

O proxecto pretende facilitar o acceso á cultura e combater a soidade e o illamento cun servizo personalizado e próximo en contacto regular cos usuarios.

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo e a concelleira de cultura, Sara Cebreiro, anunciaron hoxe, a posta en marcha do proxecto “A Biblioteca a túa porta” unha iniciativa que busca facer chegar a cultura a quen máis a precisa, eliminando barreiras físicas e fomentando o acceso inclusivo aos recursos da biblioteca. Co compromiso da comunidade, este servizo representa un paso cara a unha sociedade máis equitativa, onde a lectura e o coñecemento son dereitos accesibles para todos.

O proxecto que parte do departamento da Biblioteca Municipal María Magdalena está dirixido a persoas maiores e a aquelas con mobilidade reducida que, debido ás súas limitacións físicas, non poden acudir á Biblioteca Pública María Magdalena. Este servizo de biblioteca a domicilio permitirá que estas persoas accedan a libros sen necesidade de saír dos seus fogares, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida, estimular a súa mente, e manter un vínculo coa comunidade a través da lectura. O proxecto non só pretende facilitar o acceso á cultura, senón tamén combater a soidade e o illamento, ofrecendo un servizo personalizado e próximo que inclúa o contacto regular cos usuarios para atender as súas necesidades e preferencias de lectura.

O concello pretende con esta iniciativa, facilitar o acceso á lectura, prover a persoas maiores ou con mobilidade reducida o acceso gratuíto a libros e outros recursos literarios sen que teñan que saír dos seus fogares, reducir o illamento social, creando unha conexión persoal cos usuarios mediante visitas regulares e contacto telefónico para fortalecer o vínculo coa comunidade. E sobre todo, fomentar o pracer de ler como unha actividade que mellora a saúde mental e emocional.

O requisito para participar neste servizo é pertencer a un dos seguintes grupos; persoas maiores dependentes ou persoas de calquera idade con mobilidade reducida que residan na área de influencia do municipio.

Desde a biblioteca municipal realizarase unha campaña de difusión en residencias, centros de día e a través de organizacións locais para identificar as persoas que poidan beneficiarse deste servizo.

Os interesados inscribiranse mediante un formulario de solicitude dispoñible na páxina web do concello ou por teléfono, con axuda dun familiar ou coidador se é necesario. Ao inscribirse, os usuarios indicarán os seus xéneros favoritos, autores preferidos e outros intereses literarios, o que permitirá ao equipo seleccionar libros acordes aos seus gustos.

Os usuarios e as súas familias poderán encher enquisas periódicas para avaliar o seu grao de satisfacción co servizo, a calidade dos libros seleccionados, e a atención recibida.

As persoas usuarias poderán consultar un catálogo en liña ou impreso coa selección de libros e materiais dispoñibles. Tamén ofreceran unha lista de recomendacións personalizadas baseada nas súas preferencias.

As entregas de libros realizaranse quincenal ou mensualmente, dependendo das necesidades de cada usuario.

O servizo será realizado por persoal da biblioteca que se encargará de entregar e recoller os libros a domicilio. O persoal da biblioteca poñerase en contacto cos usuarios de maneira regular (por teléfono ou visitas) para coñecer as súas impresións sobre os libros recibidos e tomar novos pedidos.

Este proxecto ten un impacto positivo tanto na saúde mental e emocional dos beneficiarios como na cohesión social. Ao facilitar o acceso á lectura, promóvese o benestar xeral de persoas maiores e con mobilidade reducida, reducindo o illamento social, e fomentando a súa participación na vida cultural. Ademais, o contacto regular cos voluntarios pode converterse nun momento de interacción valioso, xerando conexións humanas que melloran a calidade de vida das persoas involucradas.

Relacionadas

O BNG alerta de “trabas” da Entidade Local Menor de Bembrive ás alegacións veciñais...

0
A fronte nacionalista denuncia o peche da oficina de atención pública da Entidade Local en pleno conflito veciñal contra o proxecto que ameaza con...

A Deputación visita a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as propostas para...

0
Persoal técnico do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra visitou hoxe a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as...

Os mellores artesáns do sector da pesca danse cita este sábado en Soutomaior

0
O Multíusos de Arcade acolle a terceira edición do Obradoiro de Montaxe organizado de maneira conxunta pola Sociedade de Pesca de Soutomaior e o...

O concello destina 186.308 euros á recollida de pluviais e unha senda peonil en...

0
A obra, que actúa sobre un cruce perigoso, forma parte dun proxecto global de mellora da seguridade viaria na rede de estradas do municipio O...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

Publicacións Relacionadas