O Concello de Mos celebrou hoxe unha nova sesión da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero, presidida pola alcaldesa Nidia Arévalo, un espazo clave para fortalecer a coordinación, analizar casos, mellorar protocolos e garantir unha resposta eficaz, próxima e humana fronte á violencia machista.
A xuntanza contou cunha ampla representación institucional e profesional, reunindo a:
• Alcaldía do Concello de Mos: Nidia María Arévalo Gómez
• Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra: María José Rodríguez
• Concelleiro de Igualdade: Leo Costas
• Concelleira de Política Social: Sara Cebreiro
• Concelleira de Educación e Emprego: Julia Loureiro
• Garda Civil de Mos: José Luis Moure Carballo
• Equipo VIOGEN Garda Civil Vigo: Urbano Covelo Soto
• Emerxencias Mos / Protección Civil: Borja Ave
• IES de Mos: Azucena Matilde
• CIM Mos: Ana Mª Rodríguez Cabaleiro – asesoramento xurídico
María Martínez Conde– asesoramento psicolóxico
Alba Mª Bugarín – área técnica
• UFAM: Inspector Crisanto Lago Gradín
• Centro de Saúde de Mos: Carolina Blanco, coordinadora
• Educación: Kelly Monzón
• Servizos Sociais: Dolores Lago Rodríguez.
• Atención Temperá: Beatriz Díaz e Lili
• CEIP Petelos: Raquel Domínguez.
• Centro de Emerxencias: Elena Molanes
• Policía Local de Mos: Víctor Diz
Miguel Novo
A presenza destes profesionais evidencia o compromiso colectivo en Mos para garantir unha atención integral e coordinada ás vítimas.
Balance actualizado do CIM Mos: un servizo de referencia
Durante a sesión presentouse o balance máis recente do Centro de Información á Muller (CIM), que confirma a súa relevancia como servizo público esencial:
Do 01/01/2025 ao 20/11/2025
• 114 mulleres atendidas
• 426 consultas totais
• 118 consultas de asesoramento xurídico
• 303 consultas de atención psicolóxica
Do 18/11/2024 ao 20/11/2025
• 123 mulleres atendidas
• 490 consultas totais
• 140 consultas de asesoramento xurídico
• 345 consultas de atención psicolóxica
Son datos que mostran o incremento da demanda, o compromiso profesional do equipo e a confianza das usuarias no servizo.
Avances na coordinación e protección das vítimas
A Mesa destacou importantes progresos na coordinación interinstitucional, entre eles a celebración de dúas mesas técnicas durante o ano con Garda Civil, Policía Local, Servizos Sociais, Educación e Sanidade; a mellora da comunicación e creación de protocolos conxuntos de actuación, así como a incorporación da Policía Local de Mos ao sistema VIOGEN, un avance estratéxico para reforzar a protección das vítimas e optimizar a resposta ante situacións de risco.
De cara a conmemoración do 25 N, o Concello de Mos resumiu as principais accións realizadas durante o ano:
• Accións de sensibilización e educación: Xénerocómic, charlas en centros educativos e propostas para familias.
• IV Xornadas da Muller: legalidade, realidade social e visión profesional feminina.
• Escape Room do Orgullo: educación en diversidade e respecto.
• Teatro en Igualdade: proxecto subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
• Mellora da accesibilidade e do equipamento do CIM, para garantir atención máis cómoda e segura.
• Creación de dous postos de traballo para mulleres vítimas de violencia de xénero, mediante programas de inserción sociolaboral.
• Na Biblioteca María Magdalena: monólogo o día 24 e a exposición bibliográfica “Rompendo silencios” do 24 ao 28 de novembro.
A alcaldesa Nidia Arévalo agradeceu o labor de todo o persoal técnico, das entidades colaboradoras e das forzas e corpos de seguridade, subliñando que “só desde a unidade e a coordinación se pode ofrecer unha resposta integral e efectiva”.
O Concello de Mos reafirma o seu compromiso de seguir fortalecendo a rede local de prevención, apoio e igualdade, cunha meta común: garantir vidas libres de violencia para todas as mulleres de Mos.
Cambios na programación do 25N
Ante a previsión de choiva para o luns, o Concello de Mos informa de que todos os actos previstos para esa xornada se trasladan ao Pavillón Óscar Pereiro, mantendo os mesmos horarios:
• Actividade e mural participativo: 10:30–12:30 h
• Acto institucional do 25N: 12:00 h: no que está prevista a lectura do Manifesto, homenaxe ás vítimas, minuto de silencio e intervención da alcaldesa.
O obxectivo é garantir a participación, a comodidade e a seguridade de todas as persoas asistentes.

