HomeVigoMosO concello de Mos xuntao co Colexio Lar impulsa un encontro entre...

O concello de Mos xuntao co Colexio Lar impulsa un encontro entre o tecido educativo e formativo galego e estatal

- Anuncio -spot_img

Logo da implicación acadada dende os centros de ensino, entidades formativas e institucións públicas, o Concello de Mos, a través da concellería de Educación e Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego desenvolve a I MOSTRA DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN FORMAMOS, cunha cita os vindeiros días 4 e 5 de maio, ubicada no Pavillón Municipal Óscar Pereiro e nun espazo anexo exterior.

Preténdese artellar un escaparate formativo que permite asistir a demostracións en vivo, encontros con profesionais ou recabar información especializada do sector.

Unha oportunidade para conectar e coñecer de primeira man as posibilidades educativas presentes en Galicia, Navarra e Madrid.

A resposable de área, Julia Loureiro Campo, explica que, co comezo do periodo de matriculación do alumnado de Bacherelato en Universidades, Ciclos Formativos, Academias ou Corpos de Seguridade, etc. a iniciativa pretende dar respostas ás inquezandas do estudantado e ás súas familias, así como a toda a veciñanza interesada na procura de saídas profesionais con futuro laboral na contorna próxima. Así coma, dar visibilidade ás 40 entidades formativas confirmadas con presenza no ámbito local, provincial, autonómico e nacional.

Publicacións Relacionadas