HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre ata o 25 de agosto o prazo...

O concello de Nigrán abre ata o 25 de agosto o prazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar de educación infantil

- Anuncio -spot_img

Están dirixidas a alumnado de colexios públicos de Nigrán de segundo ciclo de Infantil e empadroados no municipio, podendo obter unha contía de 65 euros por crianza

O Concello de Nigrán abre ata o 25 de agosto (inclusive) o prazo para solicitar axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar para o curso 2025/26 co obxectivo de promover a educación pública e que o inicio das clases non resulte unha carga económica para as familias. A contía é de 65 euros por cada neno/a e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil, 2ª etapa, no curso 2025-2026. Outro requerimento é non superar o límite de recursos establecido.

As solicitudes poden solicitarse a través do Rexistro municipal e debe presentarse o libro de familia completo, o DNI dos proxenitores/tutores, a declaración da Renda do ano 2024, recibo de alugueiro ou hipoteca… As bases ao completo están penduradas no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://nigran.sedelectronica.gal/).

Publicacións Relacionadas