HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre ata o 5 de novembro o prazo...

O concello de Nigrán abre ata o 5 de novembro o prazo para solicitar axudas para actividades deportivas

- Anuncio -spot_img

As subvencións son para o fomento de deporte, a realización de actividades, a participación en competicións supraprovinciais e tamén para deportistas individuais

O Concello de Nigrán abre ata o 5 de novembro o prazo de solicitude de axudas municipais para o fomento do deporte, tal e como publicou o BOPPO número 197 do mércores 15 de outubro. Estas están dirixidas a entidades inscritas no Rexistro Municipal de asociacións. Toda a información está pendurada na sede electrónica en www.nigran.es

Concretamente, as subvencións están destinadas para a actividade de fomento do deporte, realización de actividades ou proxectos deportivos (2.000 € como máximo por entidade), participación en competiciones de nivel supraprovincial (máximo 1.000 €) e apoio a deportistas indiciduais (máximo 600 €). Como novidade, non se establece un límite de contía económica na modalidade 1, así, a categoría de fomento do deporte pode incrementar o seu orzamento inicial cos fondos que pudieran quedar sen repartir no resto de modalidades, respectando sempre o límite global de 32.000 €. O obxectivo desta novidade e esgotar toda a partida orzamentaria entre as entidades solicitantes.

Como o ano anterior, as bases destas achegas contemplan maior puntuación aos clubs de maior antigüidade e tamén se valora o número de veciños integrantes e de mulleres ou de deportistas con licencia de deporte adaptado, adestradores con titulación oficial, nivel de competición, emprego da lingua galega… En canto a axuda para deportistas individuais, valórase os resultados obtidos nos diferentes campionatos.

Publicacións Relacionadas