Ambos están dirixidos a crianzas empadroadas en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos
Desenvolverase no CEIP Humberto Juanes, o primerio do 25 de xuño ao 31 de xullo e o segundo do 4 ao 29 de agosto
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza os ‘Campamentos de Verán 2025’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Os campamentos, que se realizarán no CEIP Humberto Juanes, están destinados a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos. No Campamento de Verán I ofértanse 180 prazas e desenvolverase do 25 de xuño ata o 31 de xullo de luns a venres e, no Campamento de Verán II ofértanse 60 prazas e desenvolverase do 4 ata o 29 de agosto e de luns a venres. O período de inscrición para ambos campamentos comeza o día 2 de maio e finaliza o día 9 de maio.
Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Atención Cidadá do Concello ou descargarse no taboleiro de anuncios (nigran.sedelectronica.gal / Tabolerio de anuncios) a partir do día 2.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.