O concello de Nigrán abre este mércores o ‘Cine no Muíño’ coa película ‘As Neves’

adminON
Lectura mínima de 1

O 21 de agosto proxectarase ‘Cuñados’ no mesmo lugar

O Concello de Nigrán inaugura este mércores 17 de xullo ás 22:00 horas o seu ciclo de ‘Cine no muíño’ coa proxección da película ‘As Neves’ no exterior do muíño de Porto do Molle. O mércores 21 de agosto, no mesmo lugar, ofrecerase ‘Cuñados’. ‘As Neves’ é a ópera prima de Sonia Méndez (Vigo, 1980), trátase dun thirller de adolescentes non recomendado para menores de 12 anos.

          ‘As Neves’ é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

Comparte este artigo