Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán abre este venres e sábado o seu verán...

O concello de Nigrán abre este venres e sábado o seu verán co Festival “Solpor Monteferro” no mellor escenario do Mundo

- Anuncio -

O miradoiro de Monteferro volverá a acoller desde as 19.00 horas e de xeito gratuíto a algunhas das mellores bandas da comarca. Serán Isius, Hash Tag Band e Wondercovers na primeira xornada, e Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes na segunda

O Concello de Nigrán dá a benvida este venres e sábado 1 e 2 de Xullo a súa programación cultural do verán cun dos seus festivais xa máis señeiros no municipio, ‘Solpor Monteferro’, que se celebra neste increíble miradoiro, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único terá lugar a terceira edición dende ás 19.00 horas e de xeito gratuíto cos concertos de Isius, Hash Tag Band e Wondercovers na primeira xornada, e Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes na segunda. Esta sexta edición conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.

Tal e como xurdiu en 2017, o obxectivo é gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un palco proxectado de fronte ao Atlántico sobre sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, a posta de sol permitirá vivir realidades musicais aumentadas. Unha forma distinta de gozar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando o ritmo das ondas e das mellores actuacións en vivo.

Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa. Un ano máis, Cervezas Alhambra apoia este evento que regresa á normalidade nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

“Apostamos desde sempre por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto, como por suposto é este pero tamén como o Nigranjazz na Foz, o Vive Nigrán en Pria América-Lourido ou Sona Gaifar en Panxón”, explica o alcalde, Juan González. Así, “o obxectivo é dobre: por unha banda promocionar e por en valor un espazo tan espectacular como Monteferro, e por outra, dar aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas