O límite é de 200 prazas por rigurosa orde de inscrición e só para persoas empadroadas en Nigrán maiores de 65 anos
O Concello de Nigrán festexará un ano máis o ‘Día dos Avós’ co xa tradicional almorzo popular e baile posterior o venres 26 de xullo no Restaurante Casas de Redondela. O evento é totalmente gratuíto e está dirixido a persoas empadroadas en Nigrán de máis de 65 anos. O prazo de inscrición abrirá os días 11 e 12 de xullo de 10:00 a 13:00 horas presencialmente no Concello ou ben a través do 986365000, permitíndose que cada quen anote a un máximo de dúas persoas e distribuíndose as 200 prazas dispoñibles por rigorosa orde.
A xornada comezará cunha sesión de fotos ás 12:00 horas ante o Concello de Nigrán para despois subir aos autobuses cara ao restaurante Casas, onde o menú consistirá en langostinos cocidos, dúas vieiras, pescada á romana con ensalada, tenreira asada, sobremesa, café, agua e viño. A continuación celebrarase o baile e entregaránselle premios ao home e á muller máis veterana neste evento que festexa a efeméride de San Xaquín e Santa Ana. O obxectivo da Concellería de Maiores e que, como cada ano, os participantes vivan unha xornada festiva de confraternidade nun ambiente familiar e distendido.

