Inclúe unha visita guiada e comida na ‘Casa do Patrón’ e sendas visita ao Pazo de Liñares e á queixería Pazo de Anzuxao. O prezo total é de 26,20 €
O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade, abre a inscrición o mércores 7 de agosto a partir das 9:00 horas no propio Concello para participar nunha excursión a Lalín o mércores 14 de agosto. Esta inclúe unha visita guiada ao museo etnográfico ‘Casa do Patrón’ e comida no mesmo lugar (ensaladilla, empanada, carne guisada con patacas, sobremesa e bebidas), ademáis de sendas visitas ao Pazo de Liñares e á queixería Pazo de Anzuxao. O prezo é de 26,20 €/persoa e debe pagarse exclusivamente con tarxeta ou mediante transferencia bancaria. A excursión está destinada a veciñanza xubilada empadroada en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata un máximo de 2 inscritos/persoa e ata esgotarse as 59 prazas dispoñibles. A hora de saída é as 10:00 horas e a de chegada as 20:30 horas aproximadamente. En caso de existir moita demanda o Concello estudiará a posibilidade de repetir a excursión.

